APERTURA PRAZO SOLICITUDE AXUDAS ADQUISICIÓN EQUIPAMENTO INFORMÁTICO ALUMNADO CURSO 2025-2026

Mar, 23/09/2025

O Concello de Mesía aprobou, o 23/09/2025,  por Decreto de Alcaldía núm. 392/2023, as bases reguladoras das axudas do Concello de Mesía para a adquisición de equipamentos informáticos para o alumnado durante o curso 2025-2026 coa finalidade destas axudas é incrementar o número de fogares con recursos tecnolóxicos axeitados ante a necesidade, tras a crise provocada pola COVID-19, de poder levar a cabo nos casos necesarios unha educación semipresencial ou a distancia, corrixindo o acceso desigual ás novas tecnoloxías, os riscos de exclusión e, en definitiva, favorecendo e garantindo a igualdade na integración dos nenos e das nenas no sistema educativo. 

As axudas están dirixidas ao alumnado que resida no concello e que estude educación primaria, secundaria, bacharelato, ciclos de formación profesional ou universitarios en centros públicos ou concertados no curso 2025-2026.

A contía para atender as solicitudes é de 6.000,00 € con cargo ao orzamento municipal correspondente ao ano 2025.

O día 26/09/2025 saíu publicada a dita convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

O prazo para presentar as solicitudes será dende o 29/09/2025 e ata o 31/10/2025, ambos inclusive.

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Mesía ou dalgunha outra forma establecida no artigo 164 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Máis información chamando ao concello ao 981687001.