O Concello de Mesía aprobou, o 22/09/2026, por Decreto de Alcaldía núm. 386/2026, as bases reguladoras das axudas do Concello de Mesía para a adquisición de equipamentos informáticos para o alumnado durante o curso 2026-2027 coa finalidade destas axudas é incrementar o número de fogares con recursos tecnolóxicos axeitados ante a necesidade de poder levar a cabo nos casos necesarios unha educación semipresencial ou a distancia, corrixindo o acceso desigual ás novas tecnoloxías, os riscos de exclusión e, en definitiva, favorecendo e garantindo a igualdade na integración dos nenos e das nenas no sistema educativo.
As axudas están dirixidas ao alumnado que resida no concello e que estude educación primaria, secundaria, bacharelato, ciclos de formación profesional ou universitarios en centros públicos ou concertados no curso 2026-2027.
A contía para atender as solicitudes é de 6.000,00 € con cargo ao orzamento municipal correspondente ao ano 2026.
A dita convocatoria saiu publicado no Boletín Oficial da Provincia núm. 185 o 28 de setembro de 2026.
O prazo para presentar as solicitudes será dende o 29 de setembro de 2026 e ata o 30 de outubro de 2026.
As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Mesía ou dalgunha outra forma establecida no artigo 164 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.
Máis información chamando ao concello ao 981687001.