APERTURA PRAZO SOLICITUDE AXUDAS MUNICIPAIS PEL-REACTIVA

Ven, 06/11/2020

O Concello de Mesía informa de que onte, 05.11.2020, saíu publicado no Boletín Oficial da Provincia a convocatoria das axudas do concello adherido ao Fondo de financiamento para a reactivación económica e social da provincia da Coruña.

Polo tanto, comunícase que abre o prazo de solicitudes das ditas subvencións dende hoxe, 06.11.2020 ata as 14.00 horas do día 25.11.2020. As solicitude presentaranse a través da sede electrónica do Concello de Mesía.

Máis información no enlace http://www.concellodemesia.gal/servizos/noticias/bases-e-convocatoria-axudas-do-concello-de-mesia-para-reactivacion-economica-e  ou chamando ao concello ao 981687001.