O Concello de Mesía aprobou, o 23/09/2025, por Decreto de Alcaldía núm. 393/2025, as bases reguladoras das axudas do Concello de Mesía para transporte escolar durante o curso 2025-2026 coa finalidade de facilitar o desprazamento diario aos/ás estudantes que residan no concello e cursen estudos de bacharelato ou formación profesional con título homologado fóra dos límites do concello. A contía para atender as solicitudes é de 6.400,00 € con cargo ao orzamento municipal correspondente ao ano 2025.
O día 26/09/2025 saíu publicada a dita convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.
O prazo para presentar as solicitudes será dende o 29/09/2025 e ata o 31/10/2025, ambos inclusive.
As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Mesía ou dalgunha outra forma establecida no artigo 164 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.
Máis información chamando ao concello ao 981687001.