O Concello de Mesía aprobou o 22/09/2026, por Decreto de Alcaldía núm. 385/2026, as bases reguladoras das axudas do Concello de Mesía para transporte escolar durante o curso 2026-2027 coa finalidade de facilitar o desprazamento diario aos/ás estudantes que residan no concello e cursen estudos de bacharelato ou formación profesional con título homologado fóra dos límites do concello. A contía para atender as solicitudes é de 6.400,00 € con cargo ao orzamento municipal correspondente ao ano 2026.
A convocatoria das ditas axudas saíu publicada no Boletín Oficial da Provincia 185 o 28 de setembro de 2026.
O prazo para presentar as solicitudes será dende o 29 de setembro de 2026 e ata o 30 de outubro de 2026.
As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Mesía ou dalgunha outra forma establecida no artigo 164 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.
Máis información chamando ao concello ao 981687001.