APERTURA PRAZO SOLICITUDES AXUDA ADQUISICIÓNS EQUIPAMENTOS INFORMÁTICOS ALUMNADO CURSO 2021-2022

Mar, 26/10/2021

O Concello de Mesía informa de que hoxe, 26/10/2021, saíu publicado no Boletín Oficial da Provincia da Coruña o extracto polo que se convocan axudas para a adquisición de equipamentos informáticos para o alumnado do curso 2021-2022.

O prazo para presentar as solicitudes comeza mañá día 27/10/2021 ata o 25/11/2021, ambos os dous inclusive.

Máis información accedendo ao seguinte enlace:
http://www.concellodemesia.gal/servizos/noticias/bases-e-convocatoria-axudas-adquisicion-equipamento-informatico-alumnado-curso
ou chamando ao concello ao 981687001