APERTURA PRAZO SOLICITUDES AXUDA ADQUISICIÓNS EQUIPAMENTOS INFORMÁTICOS ALUMNADO CURSO 2022-2023

Xov, 29/09/2022



O Concello de Mesía informa de que hoxe, 29/09/2022, saíu publicado no Boletín Oficial da Provincia da Coruña o extracto polo que se convocan axudas para a adquisición de equipamentos informáticos para o alumnado do curso 2022-2023.

O prazo para presentar as solicitudes comeza mañá día 30/09/2022 ata o 28/10/2022, ambos os dous inclusive.



Máis información accedendo ao seguinte enlace:
http://www.concellodemesia.gal/servizos/noticias/bases-e-convocatoria-ax...
ou chamando ao concello ao 981687001.