APERTURA PRAZOS SOLICITUDE PRAZAS PARA O PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA MUNICIPAL CURSO 2022/2023

Ven, 29/04/2022
APERTURA PRAZOS SOLICITUDE PRAZAS PARA O PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA MUNICIPA

Prazo para a presentación de solicitudes de preinscrición de prazas para o PAI para o curso 2022/2023:

Nenos/as que xa estiveron  neste curso e queiran renovar a praza para o vindeiro, farase na primeira quincena de maio (do 1 ao 15 de maio, ambos inclusive).

Nenos/as que acudan por primeira vez, o prazo de preinscrición para a nova matrícula será na primeira quincena de xuño (do 1 ao 15 de xuño, ambos inclusive).

Achegamos o Decreto no que se resolve abrir os prazos e os anexos de solicitude.