APERTURA PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA MUNICIPAL

Ven, 07/08/2020

O Concello de Mesía recibiu, da Xunta de Galicia, a autorización para o inicio da actividade do Punto de Atención á Infancia (PAI) o venres 31 de xullo do actual.

O Punto de Atención á Infancia do Concello de Mesía prestará unha atención educativa e asistencial a nenos e nenas de 3 meses a 3 anos, de 8.00 a 16.00 horas, e que conta cunha capacidade de 20 prazas autorizadas.

Estamos a traballar para que o PAI esté funcionando no mes de setembro, aínda que non podemos concretar a día de hoxe a data exacta.

Hoxe, 07.08.2020, en sesión plenaria, por unanimidade, aprobouse inicialmente o Regulamento de réxime interno do PAI e provisionalmente a Ordenanza polo establecemento da taxa pola prestación do servizo do PAI.

Para todas aquelas familias que queiran acceder aos servizos deste centro, abrimos un prazo extraordinario para a presentación de solicitudes. O prazo será dende o 13 ao 25 de agosto do actual.

A documentación a presentar coa solicitude de novo ingreso (Anexo I) será a seguinte:

a) Copia do DNI do pai/nai ou titor/a.

b) Copia do libro de familia ou certificado de familia numerosa.

c) Certificado de empadroamento da unidade familiar e, no seu caso, certificado de empresa e contrato laboral.

d) No caso de nenos/as con discapacidades físicas, psíquicas ou sensoriais, informe do organismo competente no que se indique o grao de minusvalía así como a necesidade de integración.

e) Informe dos servizos sociais nos supostos nos que sexa necesario por falta de acreditación documental suficiente ou pola situación especial na que viva a unidade familiar.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Mesía (Xanceda s/n 15685 Mesía), en horario de 8:00 a 15:00 horas, de luns a venres, por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, dentro do prazo establecido.

Máis información chamando ao concello ao 981687001.

Galería de imaxes: 
PAI OS CAMIÑOS
AULA PAI OS CAMIÑOS
ENTRADA PAI
SALA XOGOS