APRAZADO ATA FEBREIRO O DEPORTE SOLIDARIO MESIA

Ven, 01/01/2021

Estivemos agardando para ver evolución do tempo, e o domingo 3 de xaneiro non nos acompaña para facer o evento deportivo programado coma DEPORTE SOLIDARIO MESIA, poren decidimos aprazalo ata febreiro: avisaremos da data. As furnas para as doazóns a favor da AECC e CÁRITAS estarán no Concello ata entón.

Ainda que non poidamos facer a presentación programada, informamos que xa se pode desfrutar do I Circuito Saúdable municipal nas Brañas de Visantoña. Agardamos nestes meses completar outros noutras parroquias do Concello de Mesia.

Atoparedes paneis con explicacións, recomendacións e postas con exercicios rodeando a Lagoa co fin de fomentar a actividade física ao aire libre.

A zona do Museo - Aula natureza é a zona de saída e chegada do Circuito. Animádevos a coñecelo: MÓVETE MESIA!

En breve colgaremos algunhas indicacións máis detaladas na web, asi coma imaxes do circuito.