APROBACIÓN BASES E CONVOCATORIA DE AXUDAS POR NACEMENTO DE FILLO/A, ADOPCIÓN E/OU ACOLLEMENTO DURANTE O ANO 2021

Ven, 26/03/2021
AXUDAS MUNICIPAIS NACEMENTO ANO 2021

O Concello de Mesía aprobou hoxe, 26/03/2021, por Decreto de Alcaldía núm. 111/2021 as bases reguladoras das axudas por nacemento de fillo/a, adopción e/ou acollemento durante o ano 2021 coa finalidade proporcionar apoio económico a aquelas familias na que se produza o nacemento, adopción ou acollemento dun novo membro da unidade familiar.

axuda consistirá no pagamento único de 300,00 € por cada nacemento, adopción ou acollemento.

O prazo de solicitude destas axudas iniciarase a partir do día seguinte ao de publicación no Boletín Oficial da Provincia da convocatoria específica de axudas do concello e finalizará o 31 de decembro de 2021.

As solicitudes presentaranse nas oficinas municipais, sen prexuízo do que dispón o artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

Máis información ao concello ao 981687001.