APROBACIÓN BASES E CONVOCATORIA DE AXUDAS POR NACEMENTO DE FILLO/A, ADOPCIÓN E/OU ACOLLEMENTO DURANTE O ANO 2022

Ven, 01/07/2022

O Concello de Mesía aprobou hoxe, 01/07/2022, por Decreto de Alcaldía núm. 229/2022 as bases reguladoras das axudas por nacemento de fillo/a, adopción e/ou acollemento durante o ano 2022 coa finalidade proporcionar apoio económico a aquelas familias na que se produza o nacemento, adopción ou acollemento dun novo membro da unidade familiar. A axuda consistirá no pagamento único de 300,00 € por cada nacemento, adopción ou acollemento.

prazo de solicitude destas axudas iniciarase o día 08/07/2022 tras a publicación no Boletín Oficial da Provincia núm. 128, do 07/07/2022, da convocatoria específica de axudas do concello e finalizará o 31 de decembro de 2022. 

As solicitudes presentaranse nas oficinas municipais, sen prexuízo do que dispón o artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

Máis información ao concello ao 981687001.