AVISO CONCENTRACIÓN PARCELARIA XANCEDA (MESIA)

Ven, 13/03/2026

O Concello de Mesía informa que o persoal do Servizo de Infraestruturas Agrarias do Departamento territorial da Consellería de Medio Rural de A Coruña achegarase os días 23 e 24 DE MARZO do actual á Casa da Cultura (Xanceda) de 10 a14 horas para cubrir o XUSTIFICANTE a entregar o día que proximamente se sinale para a retirada dos Titulos de Propiedade.

Para cubrir o dito xustificante deberán presentar a seguinte DOCUMENTACION:
- PROPIETARIOS:  DNI
- AUTORIZADOS: COPIAS DNI PROPIETARIO e AUTORIZADO, AUTORIZACIÓN ASINADA POLO PROPIETARIO
HERDEIROS: CERTIFICADO DE DEFUNCIÓN, TESTAMENTO OU DECLARACIÓN DE HERDEIROS e PARTICION NOTARIAL DE HERDANZA DE SER O CASO
- COMPRADORES: ESCRITURA PÚBLICA DE ADQUISICIÓN DE PREDIOS DE SUSTITUCIÓN 

Máis información chamando ao concello ao 981687001.