AXUDA ECONÓMICA A TRAVÉS DA TARXETA BENVIDA PARA FAMILIAS CON FILLOS/AS NADOS NO ANO 2016

Mér, 24/02/2016
TARXETA BENVIDA 2016

Aviso para familias con fillos/as nados no ano 2016:

Pódese solicitar nos Servizos sociais do Concello unha axuda económica de 100 € ao mes durante o primeiro ano de vida dos citados fillos/as a través da Tarxeta Benvida.

¿EN QUE CONSISTE?

Nunha axuda de 100 €/mes durante o primeiro ano de vida dos fillos nados ou adoptados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do 2016.

A axuda farase efectiva a través dunha “tarxeta benvida” que poderá ser utilizada en farmacias, parafarmacias, supermercados e tendas de alimentación.

¿QUÉ DOCUMENTACIÓN SE PRECISA?

- Libro de familia.

- Certificado de convivencia.

- Copia do DNI dos proxenitores.

- Copia da declaración do IRFP dos proxenitores.

¿CANDO REMATA O PRAZO?

Dous meses contados dende o día seguinte do nacemento/adopción.

¿ONDE SE PODE SOLICITAR?

Nos Servizos Sociais do Concello, para máis información chamar ó 981 68 72 38.

 

Máis información en: http://xuventude.xunta.es/2015123017731/tarxeta-benvida.html