AXUDAS ACTUACIÓNS DE CORRECCIÓN DE IMPACTOS PAISAXÍSTICOS ANO 2026
Mér, 14/01/2026
O Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia vén de publicar no DOG núm. 3, do 07/01/2026, a convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a persoas físicas, xestionadas por este instituto, e se establece a súa convocatoria para o ano 2026.
Actuacións subvencionables: Actuacións de restauración e/ou revestimentos de elementos de fachada. Remate, renovación e/ou substitución do acabado exterior da cuberta. Recuperación, restauración e/ou revestimento de muros de peche de terreos.
Son persoas beneficiarias as persoas físicas propietarias ou usufrutuarias dos inmobles.
A contía da subvención será o 70 % do orzamento da inversión subvencionable, cun máximo de 3.000 € por solicitante e ben.
A presentación das solicitudes será dende as 12.00 horas do 16/01/2026 ata as 23.59 horas do 16/02/2026.
Máis información no seguinte enlace: MT402A ou chamando ao concello ao 981687001.