AXUDAS DE REHABILITACION DE VIVENDAS NO RURAL ANO 2026

Mér, 14/01/2026

O Instituto Galego de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia vén de publicar no DOG núm. 7, do 13/01/2026, a convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, dirixidas á rehabilitación, remate ou ampliación de vivendas, así como ao cambio de uso de locais a vivenda, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026, co obxectivo de fixar poboación no medio rural.

Actuacións subvencionables:  Obras de rehabilitación, terminación e/ou ampliación de vivendas. Actuacións dirixidas ao cambio de uso de locais e entreplantas para destinalos a vivenda. Dentro das actuacións de rehabilitación, enténdense incluídas:as de accesibilidade,  conservación, habitabilidade,  sustentabilidade, eficiencia enerxética das vivendas, actuacións para a medición e a execución de obras que eviten a entrada do gas radón ou a adopción de medidas que garantan a súa eliminación do interior das vivendas. As obras non poderán estar iniciadas á data de publicación da convocatoria.

Son persoas beneficiarias as persoas físicas propietarias ou usufrutuarias dos inmobles situados, en concellos de menos de 5.000 habitantes e que acrediten ingresos non superiores a 6,5 veces o IPREM.

A contía da subvención será o 75 % do orzamento protexido, cun máximo de 30.000 € por vivenda.

A presentación das solicitudes será dende as 9.00 horas do 21/01/2026 ata as 14.00 horas do 01/09/2026.

Máis información no seguinte enlace: https://igvs.xunta.gal/gl/axudas/programa-de-axudas-de-rehabilitacion-de-vivendas-no-rural-vi435e ou chamando ao concello ao 981687001.