AXUDAS ECONÓMICAS ÁS FAMILIAS NUMEROSAS PARA ESTADÍAS DE FIN DE SEMANA NAS ESTACIÓNS DE MONTAÑA
Mar, 05/11/2019
O Concello de Mesía informa de que no DOG núm. 208, de data 31.10.2019, saíu publicada a Orde do 22 de outubro de 2019 pola que se convoca o procedemento para a concesión de axudas económicas ás familias numerosas de Galicia para estadías de fin de semana nas estacións de montaña situadas no territorio da Comunidade Autonóminca para o ano 2019 (Código de procedemento BS423D).
PERSOAS BENEFICIARIAS Poderán ser beneficiarias destas axudas as familias numerosas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia e que cumpran os seguintes requisitos: - Que a persoa solicitante forme parte dunha unidade familiar considerada como numerosa, é dicir, a composta por todos os membros que figuran no título de familia numerosa. - Residir na Comunidade Autónoma de Galicia. - Que o título de familia numerosa estea en vigor na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. - Que a renda per cápita da unidade familiar non supere os 10.500 € anuais.
TIPO DE AXUDA As axudas consisten nunha subvención de 35 € por persoa e estadía de fin de semana para os adultos e para os nenos e nenas de 12 ou máis anos, e de 37,50 € para os nenos e nenas menores de 12 anos.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES O prazo de presentación das solicitudes está aberto ata o 02.12.2019, inclusive.
A documentación necesaria para a tramitación do procedemento é a seguinte: - Anexo I. Solicitude. - Anexo II. Datos da persoa titular ou cotitular do título de familia numerosa. - Certificado de convivencia ou de empadroamento conxunto de todos os membros da unidade familiar. Estes xustificantes deberán ter unha antigüidade máxima de 6 meses. - Copia do título de familia numerosa.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitude presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
O Concello de Mesía informa de que no DOG núm. 208, de data 31.10.2019, saíu publicada a Orde do 22 de outubro de 2019 pola que se convoca o procedemento para a concesión de axudas económicas ás familias numerosas de Galicia para estadías de fin de semana nas estacións de montaña situadas no territorio da Comunidade Autonóminca para o ano 2019 (Código de procedemento BS423D).
PERSOAS BENEFICIARIAS
Poderán ser beneficiarias destas axudas as familias numerosas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia e que cumpran os seguintes requisitos:
- Que a persoa solicitante forme parte dunha unidade familiar considerada como numerosa, é dicir, a composta por todos os membros que figuran no título de familia numerosa.
- Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Que o título de familia numerosa estea en vigor na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
- Que a renda per cápita da unidade familiar non supere os 10.500 € anuais.
TIPO DE AXUDA
As axudas consisten nunha subvención de 35 € por persoa e estadía de fin de semana para os adultos e para os nenos e nenas de 12 ou máis anos, e de 37,50 € para os nenos e nenas menores de 12 anos.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo de presentación das solicitudes está aberto ata o 02.12.2019, inclusive.
A documentación necesaria para a tramitación do procedemento é a seguinte:
- Anexo I. Solicitude.
- Anexo II. Datos da persoa titular ou cotitular do título de familia numerosa.
- Certificado de convivencia ou de empadroamento conxunto de todos os membros da unidade familiar. Estes xustificantes deberán ter unha antigüidade máxima de 6 meses.
- Copia do título de familia numerosa.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitude presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Máis información pinchando no seguinte enlace "Orde do 22 de outubro de 2019" ou chamando ao concello ao 981687001.