AXUDAS ECONÓMICAS_ PROGRAMA RESPIRO FAMILIAR PERSOAS COIDADORAS 2021

Xov, 10/06/2021


O Concello de Mesía informa de que a Consellería de Política Social publicou hoxe, 10.06.2021, no DOG núm. 109, a Orde pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas económicas ás familias con persoas en situación de dependencia ou con discapacidade a través do programa Respiro familiar para persoas coidadoras e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

Así pois, para facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das persoas coidadoras, defínense dúas modalidades de actuacións subvencionables:


- Modalidade de Respiro no fogar para financiar a atención puntual, integral e directa no propio fogar da persoa dependente ou con discapacidade. A contía da axuda consistirá nunha achega que pode acadar un máximo de 1.000 euros por beneficiario/a.

- Modalidade de Respiro en residencia para financiar estadías temporais en centros residenciais da Comunidade Autónoma de Galicia. A contía da axuda pode  acadar ata un máximo de 1.500 euros por beneficiario/a.

Poderán ser beneficiarias da subvención aquelas persoas coidadoras habituais non profesionais que atendan de forma continuada unha ou máis persoas dependentes ou con discapacidade ou en situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditada mediante informe médico e social.

Requisitos:
-
Que ben a persoa coidadora solicitante da subvención ou ben a persoas que ela atenda sexan residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Que a persoa que se atende presente calquera das seguintes situacións:
             1.º Discapacidade física, psíquica ou mental con necesidade de axuda de terceiras persoas para actividades da vida diaria, e ter recoñecida polo organismo competente unha discapacidade en grao igual ou superior ao 75%.
              2.º Ter recoñecida a situación de dependencia polo organismo competente no grao II ou III.
              3.º Que a persoa que se atende, a pesar de non cumprir coas epígrafes anteriores, presente unha situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditadas mediente informe médico e social.

O período subvencionable comprenderá dende o 1 de xanerio ata o 30 de novembro de 2021.

O prazo de presentación das axudas comezará mañá, día 11.06.2021, e rematará o 30.09.2021.

Máis información na propia convocatoria ou chamando ao concello ao 981687001.