AXUDAS ECONÓMICAS_PROGRAMA RESPIRO FAMILIAR PARA PERSOAS COIDADORAS

Xov, 27/04/2023


O Concello de Mesía informa de que a Xunta de Galicia publicou, no DOG núm. 74, do 18/04/2023, a Orde do 3 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas económicas ás familias con persoas en situación de dependencia ou con discapacidade a través do programa Respiro familiar para persoas coidadoras e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento BS614B).

Serán subvencionables os gastos xerados no ano 2023 dos servizos constituídos polas actuacións que se desenvolvan no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2023. 



Modalidades:

1. Respiro no fogar, para financiar a atención puntual, integral e directa no propio fogar da persoa dependente ou con discapacidade.

2. Modalidade de respiro en centro de día, para financiar os gastos da atención puntual, integral e directa en centros de día da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Respiro en residencia, para financiar estadias temporais en centros residenciais da CA de Galicia.

Persoas beneficiarias: Persoas coidadoras habituais non profesionais que atendan de forma continuada unha ou máis persoas dependentes ou con discapacidade ou en situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditada mediante informe médico e social.

Prazo de solicitudes: Ata o 30 de outubro de 2023.

Máis información na propia CONVOCATORIA ou chamando ao concello ao 981687001.