AXUDAS EFICIENCIA ENERXÉTICA EXPLOTACIÓNS AGROPECUARIAS

Mar, 15/06/2021

O Concello de Mesía informa de que a Axencia Instituto Enerxético de Galicia publica hoxe, 15.06.2021, no DOG núm. 112, a RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de axudas para a realización de actuacións de eficiencia enerxética en explotacións agropecuarias para o ano 2021.

Poderán obter dereito a subvención aquelas actuacións que cumpran o establecido no artigo 13 do Real decreto 149/2021 polo que se regula o presente programa e se desenvolvan no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. En concreto as seguintes:
– Actuación 1: mellora da eficiencia enerxética das explotacións de regadío.
– Actuación 2: mellora da eficiencia enerxética e utilización de enerxías renovables en explotacións agropecuarias.

O investimento mínimo para que a actuación sexa subvencionable debe ser de 5.000 euros por actuación, IVE non incluído.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega.

O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 9.00 horas do 22 de xuño de 2021 e rematará o 31 de decembro de 2021 ou ata o esgotamento de crédito. A concesión destas axudas realizarase en réxime de concorrencia non competitiva e resolverase por orde de entrada no Rexistro de solicitude e ata esgotar o crédito.

Máis información na propia convocatoria, na páxina web do Inega ou chamando ao concello ao 981687001.