AXUDAS PARA FACILITAR A OBTENCIÓN DOS PERMISOS DE CONDUCIR B E C Á MOCIDADE GALEGA

Ven, 13/08/2021

O Concello de Mesía informa de que a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia publicou hoxe, 13.08.2021, no DOG núm. 155, a ORDE do 3 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución clases B e C á mocidade galega, dirixidas ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

O importe da axuda será de 400 euros para a obtención do permiso de conducir de clase B e de 650 euros para o permiso de clase C.

Poderán solicitar estas axudas as persoas que teñan cumpridos os 18 anos, que estean empadroadas cunha antigüidade mínima dun ano na Comunidade Autónoma de Galicia, que estean inscritas no Sistema de Garantía Xuvenil e que estean matriculadas nunha autoescola no momento de presentar a solicitude ou ben ter os/as permiso/s para o/os cales se solicita a axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2021 e a data de presentación da solicitude da axuda.

O prazo de presentación da solicitude estará aberto ata o 13.09.2021.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (Procedemento BS321A). Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Máis información na propia convocatoria, chamando ao concello ao 981687001ou solicitando información nos seguintes enderezos e/ou teléfonos:
- Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Teléfonos: 881 99 93 14, 881 99 91 94, 981 54 48 40. xuventude.programas@xunta.gal
- Centro Coordinador de Información Xuvenil. Teléfonos: 881 99 76 05, 881 99 76 06, 881 99 76 08, 881 99 76 07. informacion.xuventude@xunta.gal 
- Xefatura Territorial da Coruña. Consellería de Política Social. Servizo de Xuventude e Voluntariado. Teléfonos: 881 88 12 38, 881 88 12 40. xuventudecoruna.benestar@xunta.gal