AXUDAS PARA PAGOS DAS FACTURAS DA LUZ CO TICKET ELÉCTRICO SOCIAL

Mar, 24/05/2016
TICKET ELECTRICO SOCIAL

Aberto o prazo para solicitar unha axuda de 180 ou 300 € (no caso de familias numerosas) para o pago das facturas da luz do dende o 1 de Xullo de 2015 ata o 30 de Xuño de 2016.

Poden solicitar a axuda as familias con fillos menores ó seu cargo con ingresos que non superen en total os 798,79 € mensuales.

A DOCUMENTACIÓN requerida é:

- Libro de familia.

- Facturas da luz dende o 1 de Xullo de 2015 o 30 de Xuño de 2016.

- Xustificantes do pagamento das mesmas.

- Certificado de convivencia.

- Certificado do número de conta (IBAN).

- Título de familia numerosa, de ser o caso.                                                                                 

O prazo remata o 31 de Xullo do 2016.

Poden solicitala nos Servizos Sociais do Concello de Mesía; para máis información chamar ó 981 68 72 38.