AXUDAS PARA PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES, DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA

Mar, 19/01/2021
AXUDAS PROXECTOS RENOVABLES, DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXETICA

O Concello de Mesía informa que a Xunta de Galicia publicou no DOGA varias convocatorias de subvencións para proxectos de enerxías renovables para particulares así como para proxectos de aforro e eficiencia enerxética para empresas tanto para as de produción agrícola como para as de industria e servizos. As convocatorias publicadas son as seguintes:

1.  Axudas para proxectos de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria para o ano 2021 (código de procedemento IN421L), convocatoria publicada no DOGA núm. 8, do 14.01.2021.
Prazo de solicitude ata o 14.02.2021.

2. Axudas para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos para o ano 2021, convocatoria publicada no DOGA núm. 10, do 18.01.2021.
Prazo de solicitude ata o 15.10.2021.

3. Axudas para proxectos de enerxía solar fotovoltaica dirixidas a particulares para o ano 2021, convocatoria publicada no DOGA núm. 10, do 18.01.2021.
Prazo de solicitude comezará o 3 de marzo, ás 9.00 horas, e finalizará o 1 de xullo de 2021.

4. Axudas para proxectos de enerxías renovables, de uso térmico, dirixidas a particulares, convocatoria publicada no DOGA núm. 10, do 18.01.2021.
O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará segundo a tipoloxía do proxecto nas seguintes datas:
– Biomasa: o 1 de marzo de 2021 ás 9.00 horas.
– Aerotermia: o 2 de marzo de 2021 ás 9.00 horas.
– Xeotermia: o 5 de marzo de 2021 ás 9.00 horas.
– Solar térmica: o 5 de marzo de 2021 ás 9.00 horas.
O prazo de presentación de solicitudes de axuda finalizará o 1 de xullo de 2021 para todas as tipoloxías de proxectos.

Máis información nas distintas convocatorias, na Axencia Instituto Enerxético de Galicia ou chamando ao concello ao 981687001.