AXUDAS PARA REFORMA DE COCIÑA E BAÑO

Ven, 06/10/2017
REFORMA 17

O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), adscrito á Consellería de Economía, Traballo e Industria da Xunta de Galicia, a través do Programa Reforma 17 concederá axudas a particulares para a compra de materiais ou mobiliario de cociña e/ou baño para a reforma do seu fogar.

As axudas solicitaranse directamente no establecemento adherido ao dito programa.
O prazo para solicitar as axudas comezará o 11 de outubro do actual.

Poden consultar o Programa Reforma 17 clicando aquí.