AXUDAS PARA REHABILITAR VIVENDAS NO CAMIÑO DE SANTIAGO

Mér, 30/12/2015

O Concello de Mesía informa de que está aberto o prazo de solicitude de axudas para a rehabilitación de vivendas no Camiño de Santiago, das que no noso municipio pode beneficiarse a parroquia de San Lourenzo de Bruma.

A orde reguladora do programa 'Vivendas do Camiño' xa foi publicada no Diario Oficial de Galicia. O programa está xestionado directamente polo Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Os solicitantes das axudas poderán financiar con cargo a estas subvencións ata o 35 % do orzamento subvencionable das obras de rehabilitación, cun límite máximo de axuda de 11.000 euros por vivenda.

Poden solicitar persoas propietarias únicas de edificios ou vivendas, comunidades de propietarios e agrupacións de comunidades de propietarios. As actuacións subvencionables deberán adaptarse ás normativas vixentes en materia de edificación, accesibilidade, patrimonio cultural e urbanismo.

Poden acollerse todas as vivendas incluídas na parroquia, independentemente de se están ou non ao pé do Camiño Inglés. 

O IGVS ten previsto realizar unha campaña de difusión destas axudas nos concellos polos que transcorren os Camiños de Santiago, incluídos nesta Área de Rehabilitación Integral (ARI). Máis adiante, concretará as datas de charlas informativas e xornadas técnicas, ademais de exposicións itinerantes divulgativas sobre a ARI dos Camiños de Santiago e as axudas de rehabilitación que xa se aplicaron.

Para obter máis detalles da convocatoria pode facer clic aquí.

O documento coa orde das axudas figura na parte inferior desta noticia.

Galería de imaxes: 
Hospital de Bruma