AXUDAS PARA A RENOVACIÓN E/OU REHABILITACIÓN DE CUBERTAS E FACHADAS DE VIVENDAS

Ven, 07/07/2017
RENOVACIÓN FACHADAS

O Concello de Mesía informa que a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia publicou, no Diario Oficial de Galicia núm. 128, o 06.07.2017,  tres Ordes polas que establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a rehabilitación con granito das fachadas, para a renovación de fachadas e cubertas de lousa e para a renovación de cubertas con tella cerámica para o ano 2017.

ORDE 1

ORDE 2

ORDE 3

O prazo para cubrir e validar as solicitudes será de tres meses desde o día seguinte ao da publicación das ordes no DOG (ata o 06.10.2017), agás que se produza o suposto esgotamento de crédito.

Para máis información chamen ao concello ao teléfono 981 687 001 ao departamento de Emprego e promoción económica.