AXUDAS PARA A UTILIZACIÓN DE ENERXÍAS RENOVABLES E EFICIENCIA ENERXÉTICA ANO 2026

Xov, 22/01/2026

O Concello de Mesía informa que no DOG núm. 12, do 20/01/2026, a Axencia Instituto Enerxético de Galicia vén de publicar axudas para a utilización de enerxías renovables e eficiencia enerxética  para particulares, empresas de produción agrícola primaria e empresas en xeral.

- Subvencións para proxectos de enerxías renovables de uso térmico no sector residencial. Prazo solicitudes: Do 09/02/2026 ao 13/03/2026.

- Subvencións para proxectos de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables eléctricas e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria. Prazo solicitudes: Do 29/01/2026 ata o 02/03/2026

Subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas. Prazo solicitudes: Do 30/01/2026 ao 15/09/2026

Subvencións para para proxectos de enerxía fotovoltaica para empresas legalmente constituídas, autónomos e entidades sen ánimo de lucro. Prazo solicitudes: Do 28/01/2026 ata o 02/03/2026.

Máis información nas correspondentes convocatorias, no Inega ou chamando ao concello ao 981687001.