A finalidade deste programa é a concesión dunha axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo da súa actividade laboral.
A contía das axudas é a seguinte: - 2.000 € para persoas desempregadas en xeral. - 4.000 € para o caso de persoas desempregadas que se inclúan nalgún dos seguintes colectivos, que non serán acumulables: a) Persoas menores de 30 anos. b) Persoas desempregadas de longa duración. c) Persoas desempregadas con discapacidade o en situación de dependencia. d) Persoas desempregadas que estean en situación ou risco de exclusión social. e) Persoas maiores de 55 anos.
A contía base correspondente incrementarase nun 25 % nos seguintes casos: a) Se a persoa incorporada é unha muller. b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) da persoa autónoma estea situado nun concello rural. c) Persoas maiores de 45 anos. d) Se a persoa incorporada é unha persoa emigrante retornada ou estranxeira. e) Persoas trans. f) Profesións e oficios en que a muller estea subrepresentada, segundo informe do Instituto Galego das Cualificacións, que se reflicte na lista que figura no anexo III.
Estes seis incrementos son acumulables e deste xeito a contía máxima posible, de aplicárense todos os incrementos, sería de 10.000 €.
As solicitudes deberanse presentar obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.galata o 29 de setembro de 2023.
Máis información na convocatoria ou chamando ao concello ao 981687001.
O Concello de Mesía informa de que que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade publicou no DOG núm. 16, do 24/01/2023, a ORDE do 9 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas Xempre autónomo para a promoción do emprego autónomo, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo Plus no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se realiza a súa convocatoria para o ano 2023.
A finalidade deste programa é a concesión dunha axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo da súa actividade laboral.
A contía das axudas é a seguinte:
- 2.000 € para persoas desempregadas en xeral.
- 4.000 € para o caso de persoas desempregadas que se inclúan nalgún dos seguintes colectivos, que non serán acumulables: a) Persoas menores de 30 anos. b) Persoas desempregadas de longa duración. c) Persoas desempregadas con discapacidade o en situación de dependencia. d) Persoas desempregadas que estean en situación ou risco de exclusión social. e) Persoas maiores de 55 anos.
A contía base correspondente incrementarase nun 25 % nos seguintes casos: a) Se a persoa incorporada é unha muller. b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) da persoa autónoma estea situado nun concello rural. c) Persoas maiores de 45 anos. d) Se a persoa incorporada é unha persoa emigrante retornada ou estranxeira. e) Persoas trans. f) Profesións e oficios en que a muller estea subrepresentada, segundo informe do Instituto Galego das Cualificacións, que se reflicte na lista que figura no anexo III.
Estes seis incrementos son acumulables e deste xeito a contía máxima posible, de aplicárense todos os incrementos, sería de 10.000 €.
As solicitudes deberanse presentar obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal ata o 29 de setembro de 2023.
Máis información na convocatoria ou chamando ao concello ao 981687001.