Noticias

Mar, 13/05/2025



O Concello de Mesía publica, por solicitude das alumnas de 3º da ESO do CPI de Xanceda, o seu proxecto sobre a cultura mediambiental relativa aos coches, realizado en materia de cultura financeira.


Pódese ver o dito proxecto en "Ler máis".

Ven, 25/04/2025

O Concello de Mesía aprobou o día 29/04/2024, por Decreto de Alcaldía núm. 139/2025, as bases reguladoras das axudas por nacemento de fillo/a, adopción e/ou acollemento durante o ano 2025 coa finalidade proporcionar apoio económico a aquelas familias na que se produza o nacemento, adopción ou acollemento dun novo membro da unidade familiar.

axuda consistirá no pagamento único de 300,00 € por cada nacemento, adopción ou acollemento.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 02/05/2025 e finalizará o 31/12/2025.

As solicitudes presentaranse nas oficinas municipais, sen prexuízo do que dispón o artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

Máis información en "Ler máis".

Mér, 16/04/2025

Prazo para a presentación de solicitudes de preinscrición de prazas para o PAI "Os Camiños" para o curso 2025-2026:

- Nenos/as que xa estiveron  neste curso e queiran renovar a praza para o vindeiro curso, farase na primeira quincena de maio (do 1 ao 15 de maio, ambos inclusive).

- Nenos/as que acudan por primeira vez, o prazo de preinscrición para a nova matrícula será na primeira quincena de xuño (do 1 ao 15 de xuño, ambos inclusive).

Máis información en "Ler máis"

Mér, 18/12/2024


Actuacións en materia de biorresiduos de competencia municipal para os anos 2023-2024, cofinanciado polo Fondo Europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU



O Concello de Mesía recibiu unha axuda económica financiada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostinibilidade e Cambio Climático da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, do Ministerio de Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e de fondos do Mecanismo de recuperación e resilencia da Unión Europea, para a execución do proxecto denominado "Actuacións de formación, difusión e seguimento e subministración de materiais do Programa de Compostaxa Domiciliaria no Concello de Mesía 2023-2024", co fin de implementar a recollida separada de biorresiduos así como a compostaxe in situ por parte das entidades locais municipais, en concreto, a separación e reciclaxe en orixe de biorresiduos mediante a súa compostaxe doméstica.

Xov, 12/12/2024

O Concello de Mesía publica o acordo de concesión de axudas relativa á convocatoria das axudas para a adquisición de equipamentos informáticos para o alumnado durante o curso 2024/2025 e que ademais serve de notificación aos/ás beneficiarios/as conforme á base oitava da dita convocatoria.

Máis informacion en "Ler máis".

Xov, 05/12/2024

O Concello de Mesía publica a lista provisional das solicitudes admitidas e excluídas relativa á convocatoria das axudas para a adquisición de equipamentos informáticos para o alumnado durante o curso 2024/2025, extracto publicado no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 186 do 26/09/2024. Ábrese un prazo de dous días hábiles, ata o 10/12/2024, inclusive, para a presentación de alegacións que estimen oportunas.

Máis información en "Ler máis".

Mér, 27/11/2024


O Concello de Mesía informa que a Deputación Provincial da Coruña, ao abeiro do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) "POS+2024" e "POS+Adicional 1/2024", financiou:

- a realización de dúas obras: Pista en Seble e outro e Reforzo de firme en pista xeral en Bascoi (A Fraga-Recelle) cun importe de 176.032,83 €, ao abeiro do POS+2024, aportando o concello un total de 13.235,95 €. 
- gastos correntes, ao abeiro do POS+2024, cun importe total de 226.989,70 €.
- gastos sociais extraordinarios (gastos correntes), ao abeiro do POS+Adicional 1/2024, cun importe de 64.854,20 €.
- a realización de tres obras: Mellora pista en Cova de Vales (Cabrui), Mellora pista do Río a Ponte Mou (Cabrui) e outros e Mellora pista Cruce de Recelle a Picha e outros, ao abeiro do POS+Adicional 2/2024, cun importe total de 214.522,07 €.


Máis información en "Ler máis".

 

Xov, 21/11/2024

O Concello de Mesía publica as puntuacións totais definitivas obtidas polos/as participantes do proceso de selección de alumnado-traballador do Obradoiro de Emprego Brañas do Illó - Río Samo VII.

Máis información en "Ler máis".

Lun, 18/11/2024

O Concello de Mesía informa de que a Deputación Provincial da Coruña ao abeiro do Programa de financiamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais do ano 2024 financiou o gasto do persoal do departamento de Servizos Sociais (administrativa e educadora familiar) e do persoal auxiliar de SAF libre concorrencia no exercicio 2024 cunha subvención total de 111.400,00 €.  

Máis información en "Ler máis"

Xov, 14/11/2024

O Concello de Mesía informa que a Deputación Provincial da Coruña, ao abeiro do Programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para financiar actividades de envellecemento activo e actuacións de loita contra a soidade non desexada no ano 2024, subvenciona o Proxecto Envellecemento Activo Mesía 2024 cunha axuda de 6.733,71 € para a realización de actividades de prevención do deterioro físico, do deterioro mental e estimulación cognitiva e para o fomento da saúde e da calidade de vida dos nosos maiores.

Máis información en "Ler máis".

Páxinas