Noticias

Ven, 01/01/2021

Estivemos agardando para ver evolución do tempo, e o domingo 3 de xaneiro non nos acompaña para facer o evento deportivo programado coma DEPORTE SOLIDARIO MESIA, poren decidimos aprazalo ata febreiro: avisaremos da data. As furnas para as doazóns a favor da AECC e CÁRITAS estarán no Concello ata entón.

Ainda que non poidamos facer a presentación programada, informamos que xa se pode desfrutar do I Circuito Saúdable municipal nas Brañas de Visantoña. Agardamos nestes meses completar outros noutras parroquias do Concello de Mesia.

Mér, 23/12/2020
PAXE REAL - Concello de Mesia 2020

A paxe real percorreu esta semana as escolas unitarias de Olas e Visantoña, o PAI, o CPI de Xanceda e o Preescolar na casa ca misión de recoller as cartas dos nenos e nenas do concello e levalas rápidamente aos Reis Magos.

Tamén fixo un obradoiro nas unitarias e deu un aviso: os Reis viaxarán este ano en Tren pola nosa zona o día 4 dexaneiro, para que vaian saudalos ao pasar polas súas parroquias; xa que este ano non poden vir ao Pavillón coma habituaban a facer.

Pódense ver as fotos da visita da Paxe Real as escolas na galería de imaxes:

Mér, 23/12/2020
DEPORTE SOLIDARIO A FAVOR DA AECC E CÁRITAS - Concello de Mesia

Vemonos na obriga de cambiar a data do evento debido ao mal tempo. Agardamos ter mellor sorte o 3 de xaneiro... Lembramos que as furnas para doazóns están na Casa da cultura por se alguén non pode achegarse o día do evento As Brañas de Visantoña.

Lembramos a información: DATA DO DÍA DO DEPORTE SOLIDARIO: O domingo 3 de xaneiro nas Brañas da Valga de Visantoña de 11:00 a 18:00 h.

Lun, 21/12/2020
DEPORTE SOLIDARIO A FAVOR DA AECC E CÁRITAS - Concello de Mesia

Xa estamos recollendo as vosas achegas na Casa da Cultura e as furnas estarán aqui ata o 3 de xaneiro as 18 h. que entregaremos as doazóns recollidas da veciñanza.

Ainda que non podamos facer Torneo contra o cáncro...retomamos a solidariedade dende o deporte, achegando a posibilidade de intermediar con vós para colaborar ca  AECC (Asoc. española contra o cáncro) e con CÁRITAS para familias necesitadas da parroquia. Solo podemos recoller cartos nas furnas habilitadas para elo, xa que este ano non podemos coller alimentos fisicamente.

Lun, 21/12/2020
COCIÑANDO NO NADAL Concello de Mesia 2020

O sábado a mañan fixemos un curso de cociña co cociñeiro Manuel Garea na Casa da cultura.

Recibimos consellos culinarios e información de receitas variadas para sorprender neste Nadal.

Deixamos imaxes das viandas e da primeira xornada de actividades municipais de Nadal 2020.

Mér, 16/12/2020
DEPORTE SOLIDARIO A FAVOR DA AECC E CÁRITAS - Concello de Mesia

Retomamos a solidariedade dende o deporte, achegando a posibilidade de intermediar con vós para colaborar ca  AECC (Asoc. española contra o cáncro) e con CÁRITAS para familias necesitadas da parroquia. Solo podemos recoller cartos nas furnas habilitadas para elo, xa que este ano non podemos coller alimentos fisicamente.

Xa estamos recollendo as vosas achegas na Casa da Cultura e as furnas estarán aqui ata o 24 de decembro. O 27 de decembro as 18 h. entregaremos as doazóns.

Mar, 15/12/2020
ENTRADAS GRATUITAS PARA  IR PATINAR SOBRE XEO - Concello de Mesia

Xa que non podemos ir de excursión con seguridade este ano, regalamos as entradas para ir patinar sobre xeo en Área central a empadroados.

Destinatarios/as: Rapazada de 4 ata os 18 anos.

ATENCIÓN AOS PRAZOS:

     - Reserva entradas: Ata o 18 de decembro enviándonos un wassap ao 699453750.

     - Recollida entradas: Do 21 ao 23 na Casa da Cultura.

Lun, 14/12/2020
COCIÑANDO NO NADAL Concello de Mesia 2020

Para cociñar no nadal vai vir Manuel facer receitas navideñas na Casa da Cultura.

Temos prazas presenciais por grupos e tamén conectaremos en liña para facer dende a casa as receitas ou tomar notas.

IMPORTANTE Inscricións: ata o 17 de decembro por teléfono na Casa da Cultura 981687241.

Ven, 11/12/2020
NADAL 2020 CONCELLO DE MESÍA

Presentamos as actividades e eventos para este Nadal no Concello de Mesía.

19 decembro - COCIÑANDO NO NADAL EN LIÑA (Adultos)

21 decembro - CIRCO no CPI Xanceda

22 decembro - PAXE REAL nas unitarias de Visantoña e Olas

27 decembro - DEPORTE SOLIDARIO: Andaina e circuito Saudable

28, 29 e 30 - CAMPAMENTO CONCILIA NO NADAL

28 decembro - COCIÑANDO NO NADAL EN LIÑA (nenos/as)

4 xaneiro - O TREN DOS REIS

Invitacións gratuitas para ir PATINAR SOBRE XEO, e continuamos cas Actividades físicas en liña.

Máis información co Novas de Nadal en LER MÁIS

Páxinas