Noticias

Dom, 22/11/2020
MOVETE MESIA EN LIÑA_4ª semana

Lembrade que estamos facendo actividades físicas en liña mentras están suspendidas as presenciais: aquí tedes os horarios da 4ª semana para facer dende a casa!!

Pinchando aquí tedes toda a información.

Podedes inscribirvos gratuitamente avisando no teléfono no 699 453 750. Mandamos ligazón cando avisedes que estades interesad@s.

Deixámosvos algunha imaxe das actividades da terceira semana:

Mar, 17/11/2020
XOGOS MESIA EN LIÑA "MIRAMOS DE  FRONTE A VIOLENCIA DE XÉNERO"

O Concello de Mesía proponvos este evento en liña xa que non podemos facelo presencial. É o segundo que facemos, tras o éxito do de Samaín.

Animámosvos a participar nesta Xuntanza familiar en liña con motivo do 25N: Laura e Elena conectaránse para dinamizar esta xuntanza da rapazada máis os seus pais/nais/titores: con contos, xogos, e cancións ca temática contra a violencia de xénero.

Pincha en LER MÁIS para ampliar información e coller a AUTORIZACIÓN.

Lun, 16/11/2020
PROGRAMACIÓN PARA O 25N DO CONCELLO DE MESÍA

Achegámosvos a programación do Concello de Mesía con motivo do 25N, día contra a violencia de xénero.

Pincha en LER MÁIS para ver Programación completa.

Lun, 16/11/2020
OBRADOIRO DE EMPREGO ORDES, FRADES, MESIA

O Concello de Mesía publica as bases reguladoras do procedemento de selección do alumnado e do persoal directivo, docente e administrativo do Obradoiro de emprego Brañas de Illó-Río Samo III.

As ditas bases están expostas ao público no taboleiro de anuncios da Oficina de Emprego de Ordes e nos taboleiros de anuncios e na páxina web da entidade promotora e concellos asociados.

Máis información en "Ler máis..."

Sáb, 14/11/2020
MOVETE MESIA EN LIÑA_3ª semana

Esta semana vimos de comezar as actividades cos maiores.

Lembrade que estamos facendo algún grupo xa de actividades físicas en liña xa que están suspendidas as presenciais: aquí tedes os horarios da 3ª semana para facer desde a casa!!

Pinchando aquí tedes toda a información.

ACTIVIDADES GRATUITAS

Ven, 13/11/2020
14 DE NOVEMBRO DÍA MUNDIAL DA DIABETES

14 de novembro día mundial da diabetes, achegámosvos a  pancarta e video que nos fixo chegar un nai, veciña do concello, que coñece de primeira man o que é esta enfermidade a través do seu fillo.

Dárlle visibilidade a enfermidade e ánimo a quen a padece é a nosa intención.

Pincha para ver o video aquí.

Mér, 11/11/2020
MIRAR DE FRONTE A VIOLENCIA CON MOTIVO DO 25N

Xa que este ano non podemos xuntarnos para facer manifestación polo 25N, queremos encher cas VOSAS MIRADAS o cartel para publicar ese día con motivo da loita contra a violencia de xénero.

Meterémolas ata o 23 de Novembro nese espazo.

Enviar as fotografías a: casadacultura@concellodemesia.gal (nós poñerémoslle o voso nome enriba).

Mar, 10/11/2020
OBRADOIRO DE EMPREGO ORDES, FRADES, MESIA

O Concello de Mesía informa de que está aberto o prazo de inscrición para participar no obradoiro de emprego Brañas do Illó-Río Samo III. Este obradoiro é promovido polo Concello de Ordes e nel colaboramos os Concellos de Frades e Mesía. O dito obradorio será subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

Será un obradoiro dual pois combinará un contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses cun contrato en prácticas, de cómo mínimo tres meses máis.

As especialidades que se impartirán son:
- Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.
- Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas.


Os destinatarios serán persoas maiores de 18 anos desempregadas e inscritas no Servizo Público de Emprego, que carezcan de ocupación remunerada e estean disponibles para o emprego, sempre que poidan subscribir contrato de formación durante toda a duración do obradoiro.

Todas aquelas persoas interesadas deberán anotarse, na Oficina de Emprego de Ordes, para participar no dito obradoiro de emprego como data límite o 13.11.2020, inclusive. Acórdense de pedir cita previa.

Este aviso é tanto para alumnado como para persoal directivo, docente e de apoio.

Máis información en “Ler máis…” ou chamando ao concello ao 981687001.

Sáb, 07/11/2020
MOVETE MESIA EN LIÑA_2ª semana

Lembrade que estamos facendo algún grupo xa de actividades físicas en liña xa que están suspendidas as presenciais: aquí tedes os horarios da 2ª semana para facer desde a casa!!

Pinchando aquí tedes toda a información.

¿Cómo insribirvos?  Avisando por teléfono no 699 453 750.  Faremos listaxes por actividades e mandaremos o enlace para cada grupo.

ACTIVIDADE GRATUITA

Ven, 06/11/2020
PINTEMOS UN NOVO ANO! CONCELLO DE MESIA 2021

Este ano foi moi diferente en moitos sentidos e tamén duro; e o vindeiro querémolo encher de cores e debuxos. Queremos que vós, os nen@s e rapazada pintedes o futuro, o ano 2021. Axudádesnos???

Aquí tedes o cartel e as bases para achegarnos debuxos que elixiremos para imprimir os calendarios do ano próximo.

Páxinas