Achegámosvos a programación do Concello de Mesía con motivo do 25N, día contra a violencia de xénero.
Pincha en LER MÁIS para ver Programación completa.
Lun, 16/11/2020 |
Achegámosvos a programación do Concello de Mesía con motivo do 25N, día contra a violencia de xénero. Pincha en LER MÁIS para ver Programación completa. |
|
Lun, 16/11/2020 |
O Concello de Mesía publica as bases reguladoras do procedemento de selección do alumnado e do persoal directivo, docente e administrativo do Obradoiro de emprego Brañas de Illó-Río Samo III. |
|
Sáb, 14/11/2020 |
Esta semana vimos de comezar as actividades cos maiores. Lembrade que estamos facendo algún grupo xa de actividades físicas en liña xa que están suspendidas as presenciais: aquí tedes os horarios da 3ª semana para facer desde a casa!! Pinchando aquí tedes toda a información. ACTIVIDADES GRATUITAS |
|
Ven, 13/11/2020 |
14 de novembro día mundial da diabetes, achegámosvos a pancarta e video que nos fixo chegar un nai, veciña do concello, que coñece de primeira man o que é esta enfermidade a través do seu fillo. Dárlle visibilidade a enfermidade e ánimo a quen a padece é a nosa intención. Pincha para ver o video aquí. |
|
Mér, 11/11/2020 |
Xa que este ano non podemos xuntarnos para facer manifestación polo 25N, queremos encher cas VOSAS MIRADAS o cartel para publicar ese día con motivo da loita contra a violencia de xénero. Meterémolas ata o 23 de Novembro nese espazo. Enviar as fotografías a: casadacultura@concellodemesia.gal (nós poñerémoslle o voso nome enriba). |
|
Mar, 10/11/2020 |
O Concello de Mesía informa de que está aberto o prazo de inscrición para participar no obradoiro de emprego Brañas do Illó-Río Samo III. Este obradoiro é promovido polo Concello de Ordes e nel colaboramos os Concellos de Frades e Mesía. O dito obradorio será subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. |
|
Sáb, 07/11/2020 |
Lembrade que estamos facendo algún grupo xa de actividades físicas en liña xa que están suspendidas as presenciais: aquí tedes os horarios da 2ª semana para facer desde a casa!! Pinchando aquí tedes toda a información. ¿Cómo insribirvos? Avisando por teléfono no 699 453 750. Faremos listaxes por actividades e mandaremos o enlace para cada grupo. ACTIVIDADE GRATUITA |
|
Ven, 06/11/2020 |
Este ano foi moi diferente en moitos sentidos e tamén duro; e o vindeiro querémolo encher de cores e debuxos. Queremos que vós, os nen@s e rapazada pintedes o futuro, o ano 2021. Axudádesnos??? Aquí tedes o cartel e as bases para achegarnos debuxos que elixiremos para imprimir os calendarios do ano próximo. |
|
Ven, 06/11/2020 |
Co gallo da conmemoración do próximo 25 de novembro "Día da loita contra a violencia de xénero" a Deputación pon en marcha unha campaña online e colaborativa baixo o lema "De fronte á violencia de xénero". O Concello de Mesía súmase a esta campaña mirando de fronte á violencia de xénero neste mes de novembro: iremos avisando das actividades da campaña para que participedes en liña, estendendo o chamado á acción a calquera outra entidade do tecido social, educativo e empresarial, familias, etc. #defronte |
|
Ven, 06/11/2020 |
O Concello de Mesía informa de que onte, 05.11.2020, saíu publicado no Boletín Oficial da Provincia a convocatoria das axudas do concello adherido ao Fondo de financiamento para a reactivación económica e social da provincia da Coruña.
|
|