Noticias

Dom, 18/10/2020
passcovid

Descarga a aplicación da Xunta de Galicia PassCOVID!

Mar, 06/10/2020
VOLTA AS AULAS MESIA 2020 - 21 (imaxe de Gabriel Villamil)

Dende o concello queremos darvos varias noticias de interese para o estudantado de Mesía:
1. Máscaras
2. Xogos pintados
3. Casa da cultura
4. Préstamo ordenadores
5. Axudas transporte escolar

Mér, 30/09/2020
ACTIVIDADES MUNICIPAIS CONCELLO DE MESIA 2020 21

O prazo de inscricións será do 1 ao 8 de outubro. (Necesario cumplir con este prazo para formar grupos, senon xa non empezaremos algunhas actividades que non cumplan os mínimos.)

Comezaremos as Actividades e Escolas a semana do 13 de outubro 2020 e rematarán en maio/xuño 2021. Avisaremos se algunha actividade NON empezara.

Neste curso contamos tamén con actividades para nenos/as, pasando por xuventude, adultos e maiores.

Debido a época na que vivimos rexirémonos polas MEDIDAS HIXIENICO-SANITARIAS contra a COVID-19 actualizandoas se sufren modificacións ao longo do curso.

OBRIGADO USO MÁSCARA, TOMA TEMPERATURA  E DESINFECCIÓN NA ENTRADA ACTIVIDADES.

Clica para Mais información en LER MÁIS

Mar, 29/09/2020
AXUDAS TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2020/2021

O Concello de Mesía apoiará, de cara o curso escolar 2020-2021, aos estudantes que residan no concello e cursen estudos de bacharelato ou formación profesional con título homologado fóra dos límites do concello, co fin de facilitarlles o seu desprazamento diario. Exclúense os estudos superiores (universitarios, doutorados, ...).

A convocatoria de axudas para o transporte escolar durante o curso 2020-2021 foi publicado no Boletín Oficial da Provincia núm. 162, do 29 de setembro de 2020.

O prazo para presentar a solicitude da dita axuda comezará mañá, 30.09.2020, rematará o día 30.10.2020, inclusive.

Ver convocatoria e modelos de solicitude en "Ler máis".

Para máis información chamar ao concello ao 981687001.

Dom, 27/09/2020
ACTUACIONS PRAZAS CONCELLO DE MESIA 2020 - TEATRO GHAZAFELHOS

A próxima obra, dentro das actuacións nas Prazas para todos os públicos, será o sábado 3 outubro as 17:00 co Teatro GHAZAFELHOS e a súa representación "A máquina do tempo".

PARA INSCRICIÓN E RESERVA DE ESPAZOS: Importante chamar ao Concello 981 687 001 (ext. 3).

As vindeiras actuacións serán anunciadas na web. Están encadradas dentro do programa "LER CONTA MOITO".

Ven, 18/09/2020

Ante o proxecto de supresión da liña de autobús que comunica Vila de Cruces coa Coruña, a postura do goberno municipal de Mesía e dos concellos afectados é de total desacordo co recorte da liña sen ofrecer unha alternativa.

Esta liña leva funcionando dende fai máis de medio século, ofrecendo conectividade dende A Coruña, Cambre, Culleredo, Carral, Abegondo, Mesía, Boimorto, Arzúa ata Vila de Cruces.

Dom, 13/09/2020
ACTUACIONS PRAZAS CONCELLO DE MESIA 2020 - MAGO TETO

Tras o éxito das actuacións de verán ao aire libre con Cultura na camposa, pasamos agora as Prazas para actuacións para todos os públicos en setembro e outubro.

A primeira actuación será o venres 18 de setembro as 17:30 na Praza do concello (ou pavillón se chove) : O MAGO TETO ca sua obra "Alquimia". Esta actuación está encadrada  dentro do programa da Xunta "CULTURA NO CAMIÑO" de Culturaactiva e realizada grazas a Gadis, Xacobeo e Xunta de Galicia.

PARA INSCRICIÓN E RESERVA DE ESPAZOS: Importante chamar ao Concello 981 687 001 (ext. 3).

Xov, 03/09/2020
Concello de Mesía 2020 CULTURA NA CAMPOSA - GRAMOLA GOMINOLA

Xa estamos preprando novas actuacións para 18 e 26 de Setembro e 3 de Outubro debido a boa acollida que están tendo.. Desta volta serán nas Prazas das parroquias.

Deixamosvos imaxes da última, deste sábado 29 de agosto, o Concerto de CULTURA NA CAMPOSA co divertido grupo de música infantil: GRAMOLA GOMINOLA. Esta actuación estivo encadrada dentro do programa da Xunta "CULTURA NO CAMIÑO" e realizada grazas a Gadis, Xacobeo e Xunta de Galicia.

Mar, 01/09/2020
Cartel Publicidade

Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020

Páxinas