O Concello de Mesía informa que a Deputación Provincial da Coruña, ao abeiro do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) "POS+2024" e "POS+Adicional 1/2024", financiou:
- a realización de dúas obras: Pista en Seble e outro e Reforzo de firme en pista xeral en Bascoi (A Fraga-Recelle) cun importe de 176.032,83 €, ao abeiro do POS+2024, aportando o concello un total de 13.235,95 €.
- gastos correntes, ao abeiro do POS+2024, cun importe total de 226.989,70 €.
- gastos sociais extraordinarios (gastos correntes), ao abeiro do POS+Adicional 1/2024, cun importe de 64.854,20 €.
- a realización de tres obras: Mellora pista en Cova de Vales (Cabrui), Mellora pista do Río a Ponte Mou (Cabrui) e outros e Mellora pista Cruce de Recelle a Picha e outros, ao abeiro do POS+Adicional 2/2024, cun importe total de 214.522,07 €.
Máis información en "Ler máis".









