Noticias

Mér, 06/11/2019

O equipo móbil da Policía Nacional prestará como de costume o servizo de renovación e expedición por primeira vez do DNIe no concello de Ordes dende o 27 de novembro ata o 5 de decembro.

Atención ao público en horario de mañá na Casa da Cultura.

Todos aqueles que queiran expedir por primeira vez ou renovar o seu DNIe xa poden solicitar cita previa no mesmo Concello de Ordes ou ben chamando ao teléfono 981 680 002.

Mar, 05/11/2019

O Concello de Mesía informa de que no DOG núm. 208, de data 31.10.2019, saíu publicada a Orde do 22 de outubro de 2019 pola que se convoca o procedemento para a concesión de axudas económicas ás familias numerosas de Galicia para estadías de fin de semana nas estacións de montaña situadas no territorio da Comunidade Autonóminca para o ano 2019.

Poderán ser beneficiarias destas axudas as familias numerosas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia e que cumpran os requisitos sinalados no artigo 4 da dita Orde.

As axudas consisten nunha subvención de 35 € por persoa e estadía de fin de semana para os adultos e para os nenos e nenas de 12 ou máis anos, e de 37,50 € para os nenos e nenas menores de 12 anos.

O prazo de presentación das solicitudes está aberto ata o 02.12.2019, inclusive.

Máis información en "Ler máis..."

Mér, 23/10/2019

Con data de hoxe, 23.10.2019, publícanse as puntacións definitivas de candidatos para os postos de persoal do obradoiro de emprego Brañas do Illó-Río Samo II.

Para ver as puntuación pulsar en "Ler máis..."

Mar, 22/10/2019

Con data de hoxe, 22.10.2019, publícase a puntación provisional da selección do alumnado-traballador/a do obradoiro de emprego Brañas do Illó-Río Samo II.

Todos/as os/as interesados/as teñen un prazo de reclamación de dous días hábiles a contar dende a data da publicación. As reclamación presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Ordes e dirixidas ao grupo de traballo mixto. Se non houbera reclamacións o listado de puntuacións provisionais elevarase a definitivo.

Para ver as puntuación pulsar en "Ler máis..."

Mér, 16/10/2019
Atenea García da Compañía Xarope Tulú

ACTUACIÓN NA CASA DA CULTURA, NESTE CASO NARRACIÓN ORAL (CONTACONTOS ) A CARGO DE ATENEA GARCÍA DA COMPAÑÍA XAROPE TULÚ .

DÍA: SÁBADO, 26 DE OUTUBRO.

HORA: 16:30.

PÚBLICO: 2º CICLO DE INFANTIL E PRIMARIA

 

Esta actuación esta incluída dentro do programa ler conta moito en igualdade

Mér, 16/10/2019


O Concello de Mesía apoiará, de cara o curso escolar 2019-2020, aos estudantes que residan no concello e cursen estudos de bacharelato ou formación profesional con título homologado fóra dos límites do concello, co fin de facilitarlles o seu desprazamento diario. Exclúense os estudos superiores (universitarios, doutorados, ...).



A convocatoria de axudas para o transporte escolar durante o curso 2019-2020 foi publicado no Boletín Oficial da Provincia núm. 185, do 30 de setembro de 2019.

O prazo para presentar a solicitude da dita axuda rematará o día 31.10.2019, inclusive.

Ver convocatoria e modelos de solicitude en "Ler máis".

Para máis información chamar ao concello ao 981687001.

 

Ven, 11/10/2019

A secretaria xeral de igualdade concedeu o Concello de Mesía un curso de “AUTODEFENSA PARA MULLERES ANTE SITUACIÓNS VIOLENTAS”.

Dito curso será impartido por especialistas da Federación Galega de Loita e pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade Do Estado.

Terá lugar os días 23 e 24 de outubro en horario de 10.30 a 14.30. Na Casa da Cultura de Xanceda.

Prazas: 10

Inscricións: Concello de Mesía ata o 15 de outubro. Telf: 981687007. Ext-3

Xov, 03/10/2019

O PLENO DA CORPORACIÓN EN SESIÓN EXTRAORDINARIA CELEBRADA O DÍA 9 DE SETEMBRO DO ACTUAL APROBOU INICIALMENTE O INSTRUMENTO DE ORDENACIÓN PROVISIONAL NO LUGAR DE O CAMPO-MESÍA.

 

PODE CONSULTAR O TEXTO ÍNTEGRO DO DOCUMENTO EN LEER MÁIS

Xov, 03/10/2019
TÍTERERES O SÁBADO 5 DE OUTUBRO NA CASA DA CULTURA

ESTE SÁBADO 5 DE OUTUBRO TEREMOS TÍTERES NA CASA DA CULTURA A CARGO DA COMPAÑÍA “TÍTERES CACHIRULO” COA OBRA “PINOCHO”.

ANOTARSE CHAMANDO A CASA DA CULTURA DE XANCEDA PARA SABER SEGURO QUE TEDES PLAZA.

TLF: 981687241

Mér, 02/10/2019


O Concello de Mesía informa de que está aberto o prazo de inscrición para participar no obradoiro de emprego Brañas do Ulló-Río Samo II. Este obradoiro é promovido polo Concello de Ordes en el colaboramos os Concellos de Frades e Mesía. O dito obradorio será subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.


Será un obradoiro dual pois combinará un contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses cun contrato en prácticas, de cómo mínimo tres meses máis.

As especialidades que se impartirán son:
Tarefas de repoboación forestal e tratamentos silvícolas
Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.

Os destinatarios serán persoas maiores de 18 anos desempregadas e inscritas no Servizo Público de Emprego.

Todas aquelas persoas interesadas en participar deben ir, o máis axiña posible, á Oficina de Emprego de Ordes e comunicar que están interesados en participar no dito obradoiro de emprego.

Este aviso é tanto para alumnado como para persoal directivo, docente e de apoio.

Máis información en “Ler máis…”

Páxinas