Noticias

Ven, 23/09/2022

O Concello de Mesía aprobou hoxe, 23/09/2022,  por Decreto de Alcaldía núm. 371/2022 as bases reguladoras das axudas do Concello de Mesía para transporte escolar durante o curso 2022/2023 coa finalidade de facilitar o desprazamento diario aos/ás estudantes que residan no concello e cursen estudos de bacharelato ou formación profesional con título homologado fóra dos límites do concello. A contía para atender as solicitudes é de 6.400,00 € con cargo ao orzamento municipal correspondente ao ano 2022.

prazo de solicitude destas axudas iniciarase a partir do día seguinte ao de publicación no Boletín Oficial da Provincia da convocatoria específica de axudas do concello e finalizará o día 28/10/2022.

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Mesía ou dalgunha outra forma establecida no artigo 164 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Máis información en "Ler máis".

Mér, 21/09/2022

O Concello de Mesía publica as puntuacións totais definitivas obtidas polos/as participantes do proceso de selección do alumnado-traballador do Obradoiro de Emprego Brañas do Illó - Río Samo V dos concellos de Ordes, Frades e Mesía.

Máis información en "Ler máis".

Mar, 20/09/2022

O Concello de Mesía publica as puntuacións totais provisionais obtidas polos/as participantes do proceso de selección de persoal e de alumnos-traballadores do Obradoiro de Emprego Reactiva I Oza-Cesuras, Coiros e Mesía.

Poden consultar as puntuacións en "Ler máis".

Lun, 19/09/2022

O Concello de Mesía publica as puntuacións totais definitivas obtidas polos/as participantes do proceso de selección de persoal directivo, mestres especialidades, titor e administrativo do Obradoiro de Emprego Brañas do Illó - Río Samo V.

Máis información en "Ler máis".

Ven, 16/09/2022
P.E Gasalla

Acordo de 6 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambienta (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto do parque eólico Gasalla, nos concellos de Mesía e Frades, (exp. IN408A 2017/26).

Solicitante/Promotor: GREEN CAPITAL POWER, SL

Ven, 16/09/2022

O Concello de Mesía publica as puntuacións totais provisionais obtidas polos/as participantes do proceso de selección do alumnado-traballador do Obradoiro de Emprego Brañas do Illó - Río Samo V.

Máis información en "Ler máis".

Xov, 15/09/2022

O Concello de Mesía publica as puntuacións obtidas na entrevista polos/as participantes do proceso de selección do alumnado - traballador do Obradoiro de Emprego Brañas do Illó - Río Samo V dos Concellos de Ordes, Frades e Mesía.

Máis información en "Ler máis".

Mér, 14/09/2022

O Concello de Mesía publica as puntuacións totais provisionais obtidas polos/as participantes do proceso de selección de persoal directivo, mestres especialidades, titor e administrativo do Obradoiro de Emprego Brañas do Illó - Río Samo V.

Poden consultar as puntuacións en "Ler máis".

Mér, 14/09/2022
ACTIVIDADES MUNICIPAIS CONCELLO DE MESIA 2022 - 23

Presentamos as actividades deportivas e culturais para este curso 2022 - 2023.

O prazo de inscricións será do 19 ao 28 de setembro, para ver se formamos os grupos propostos. (Necesario cumplir con este prazo para formar grupos!).

Comezaremos as Actividades e Escolas a semana do 3 de outubro 2022 e rematarán en maio/xuño 2023. Avisaremos se algunha actividade NON empezara.

Ven, 09/09/2022

O Concello de Mesía publica as puntuacións obtidas na entrevista polos/as participantes do proceso de selección de persoal directivo, mestres especialidades, titor e administrativo do Obradoiro de Emprego Brañas do Illó - Río Samo V.

Máis información en "Ler máis".

Páxinas