Noticias

Mér, 27/06/2018
CARREIRA CONCELLO DE MESÍA 2018

Ven de rematar o prazo de inscriccións para as VIII CARREIRAS POPULARES do 28 de xullo do 2018.

Lembramos que non se admitirán inscricións o día da Carreira.

Teremos alta participación, xa que hai 214 inscrit@s nas diversas carreiras.

 

Información do evento:

  • CARACTERÍSTICAS:

Saída e chegada: Campo de fútbol de Visantoña. Alternancia no circuíto de terra e asfalto. Avituallamento na de 12 km.

Haberá algo para picar ao rematar o evento.

Mér, 27/06/2018
 FOLIADA DAS MENTIRAS 2018

Este sábado 30 de xuño  esperámosvos na  FOLIADA DAS MENTIRAS, Xa vai pola quinta edición.

Esta Foliada que está organizada pola Asociación de música e baile tradicional de Mesía comenzará as  20:00h na praza do Concello en Xanceda.

Mér, 06/06/2018
ACTIVIDADES VERÁN MESÍA 2018

O Concello de Mesía presenta a súa programación de actividades para este verán, que engloban:

Escolas e campus infantís e xuvenís, obradoiros e cursos, eventos deportivos e saídas.

Mar, 29/05/2018
CARTEL FIN CURSO MESIA 17 18

O venres 1 de xuño 2018 celebraranse no Pavillón do CPI de Xanceda as Festas de fin de curso das actividades e escolas municipais do presente curso.

As exhibicións das escolas infantís, entrega de diplomas, agasallos e merenda; darán comezo ás 16:30.

As 21.30 será o turno para que os adultos e maiores fagan tamén exhibicións das súas actividades. Pecharemos o día cos pinchos.

Mar, 29/05/2018
CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DEPUTACIÓN 2018

Aberto ata o 15 de xuño o prazo de inscrición no Concello para os Campamentos Deportivos de verán da Deputación.

Os Campamentos Deportivos 2018 están destinados a nenos e nenas de entre 9 e 14 años de edad (cumpridos no 2018) e se desenrolarán no centro Calvo Sotelo de A Coruña en cuatro quendas.

O prezo do campamento é de 85 euros, que inclúe transporte, estancia e mantemento.

Xov, 24/05/2018
SENDERISMO A TOURO MESIA 2018

A Ruta dos Tres Ríos PR-G 121 transcorre durante 10 quilómetros a través das parroquias de Touro, Fao, Cornado e Novefontes, todas elas  no concello de Touro. A duración estimada da ruta non excede as tres horas, xa que é de dificultade baixa.

Zonas ruta:  Saída da Área Recreativa de A Santaia,  Muíños da Carballa, Fervenza do Salto das Pombas,  Ponte da Laña,  Ponte Basebe: A carballeira final de percorrido.

Xov, 10/05/2018
CAMPAÑA DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS 2018

Campaña de prevención de incendios forestais: información da Xunta de Galicia sobre distancias e xestión da biomasa.

Mér, 09/05/2018
ParqueEólico_non

Os alcaldes de Frades, Mesía, Ordes e Oroso veñen de emitir conxuntamente unha declaración institucional en contra da instalación de parques eólicos no seu territorio.

No escrito poñen de manifesto a súa repulsa á instalación dos Parques Eólicos do Monte Inxerio (Ordes e Cerceda) e Gasalla (Frades e Mesía) promovidos pola empresa Green Capital Power.

Ven, 04/05/2018
ParqueEólico

A empresa Green Capital Power, S.L, presentou ante a Delegación do Goberno de A Coruña, Área de Industria e Enexía a renuncia oficial a continuar cos trámites do proxecto Parque Eólico “ A Pobra” de 52 MW, ubicado no termos municipais de Mesía, Cesuras e Abegondo e que se atopaba en fase de estudo e avaliación de impacto ambiental e demais normativa sectorial de aplicación.

Xov, 03/05/2018
PRIMAVERA NO CAMIÑO INGLÉS 2018 - CONCELLO DE MESIA

O sábado 5 de maio, Betanzos vivirá un despregue de actividades, actuacións, degustacións e demais accións relacionadas coa oferta turística que se desenvolve nos dezaoito concellos polos que pasa o Camiño Inglés. Todos eses concellos terán, ademais, o seu propio stand na praza Irmáns García Naveira, o cal reforza a percepción do peso específico de cada un deles no itinerario. O acontecemento propón así gozar dun modo ocioso dunha perspectiva integral da riqueza histórica, patrimonial, cultural e gastronómica do Camiño Inglés.

Páxinas