Noticias

Ven, 27/04/2018
ACCIÓN DE VERÁN 2018

A Campaña de Verán está composta por diferentes áreas de participación, que se desenvolven nos meses de xullo, agosto e setembro, tanto en Galicia coma noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.

Destacamos a oferta de prazas en campamentos xuvenís dentro do Programa “CAMPAÑA DE VERÁN 2018” para rapaces/as de 9 a 17 anos. Este programa consiste en estadías de 1 ou 2 semanas en residencias xuvenís tanto en Galicia como noutras Comunidades Autónomas, durante as cales se realizan diferentes actividades, tanto de ocio e lecer como didácticas e deportivas. O prazo para a solicitude de prazas para estos campamentos é ATA O 18 DE MAIO DE 2018.

Mér, 18/04/2018
ParqueEólico

O MInisterio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente a través da Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental notificou a apertura do período de consultas na avaliación de impacto ambiental do proxecto denominado “Parque Eólico A Pobra de 52MW, Líneas a 30 KV, Subestación Eléctrica 30/220 KV e Liña Eléctrica a 220 KV para evacuación nos TT.MM.

Mér, 04/04/2018
O SON QUE ME ARROLA - MESIA 2018

O concerto é e balde e poderán acudir todos os que queiran.

Idade: de 0-3 anos

Día: venres, 6 de abril ás 11:00 h.

Casa da Cultura de Xanceda

Mar, 03/04/2018
AXUDAS DEPUTACIÓN ESAL - MESIA 2018

A Deputación Provincial da Coruña publicou no BOP a apertura do prazo de presentación de solicitude de:

- Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para realizar actividades culturais durante o ano 2018 (FO203).

- Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para realizar investimentos culturais durante o ano 2018 (FO204).

O prazo comeza o 04.04.2018 e rematará ás 14.00 horas do día 27.04.2018.

Lun, 02/04/2018
ABRIL E MAIO MESIA 2018

Lembramos as actividades e eventos que celebraremos nestes próximos meses de primavera 2018 no Concello de Mesía.

Mar, 20/03/2018
EMPRURAL MESIA 2018

Proxecto para mozos e mozas de territorios rurais con idades comprendidas entre os 16 e 30 anos  en fase de finalización de estudos, desempregados ou en situación de abandono escolar.

¡O prazo aínda está aberto, aproveitade!
Realizarase na aula de Xuventude do Concello de Curtis.
Calquera información sobre o proxecto chamar a Rocío ao 686 100 675.

Mér, 14/03/2018
BALNEARIO MESIA 2017

Unha vez máis, o programa “Deporte é Saúde” oferta as saídas ao Balneario de Brión para todas as persoas que estean empadroadas no concello. As saídas serán os venres 6, 13, 20, e 27 de abril de 14:30 a 19:00 h.

Mér, 14/03/2018
CARTEL LIBRO LUNS - MESIA 2018

Este venres 16 de marzo ás 21:30, terá lugar a presentación na Casa da Cultura do libro "Luns" escrito por Eli Rios.

Mar, 13/03/2018
CASTELO DE PONFERRADA MESIA 2018

O Concello de Mesía organiza unha nova excursión, esta vez a Ponferrada-Bierzo. Os dous autobuses xa están completos. Agardamos que xs veciñxs pasen un bo día!

Ven, 09/03/2018
NABIZA GIRL MESIA 2018

Presentamos o monólogo desta superheroína chamada "Nabiza Girl".

Será na casa da cultura as 21:30 horas no venres 9 de marzo.

Páxinas