Noticias

Mér, 14/03/2018
CARTEL LIBRO LUNS - MESIA 2018

Este venres 16 de marzo ás 21:30, terá lugar a presentación na Casa da Cultura do libro "Luns" escrito por Eli Rios.

Mar, 13/03/2018
CASTELO DE PONFERRADA MESIA 2018

O Concello de Mesía organiza unha nova excursión, esta vez a Ponferrada-Bierzo. Os dous autobuses xa están completos. Agardamos que xs veciñxs pasen un bo día!

Ven, 09/03/2018
NABIZA GIRL MESIA 2018

Presentamos o monólogo desta superheroína chamada "Nabiza Girl".

Será na casa da cultura as 21:30 horas no venres 9 de marzo.

Xov, 08/03/2018
ACTO NO DÍA DA MULLER MESIA 2018

NO DÍA 8 DE MARZO, MANIFESTAMOS O NOSO COMPROMISO COAS MULLERES, COA DEFENSA DOS SEUS DEREITOS E COAS POLÍTICAS DE IGUALDADE COMO INSTRUMENTO PARA AVANZAR CARA A UNHA SOCIEDADE DEMOCRATICAMENTE MÁIS XUSTA E EQUILIBRADA NA TOMA DE DECISIÓNS ENTRE HOMES E MULLERES.

Mér, 07/03/2018
CARTEL MULLER MESIA 2018

Dende o Concello de Mesía convocamos este acto simbólico de apoio, no día da muller, a veciñas e veciños que estean a favor da reivindicación da igualdade de dereitos e oportunidades e do fin da violencia machista.

Será o 8 de marzo 2018, na Praza do Concello en Xanceda, as 12:30 horas. Terá unha duración de quince minutos.

Lun, 26/02/2018
AXENDA MARZO CONCELLO DE MESÍA 2018

Colgade na axenda un mes de marzo cargado de actividades e eventos no Concello de Mesía.

Xov, 15/02/2018
CURSO PRIMEIROS AUXILIOS MESIA 2018

O sábado 17 comeza este interesante curso de Primeiros auxilios para bebés e infancia.

Imparte a Escola de formación da Cruz Vermella en 10 horas repartidas nos sábados 17 e 24 de febreiro.

O horario será de 10:00 a 15:00 horas. O prezo é de 30€.

Hai prazas limitadas pola súa parte práctica.

Matrícula e información no Concello de Mesia 981 687 001 ou na Casa da cultura 981 687 241.

Mér, 14/02/2018
PRIMAVERA CONCELLO MESIA 2018

O Concello de Mesía presenta as novas actividades, eventos e saídas para a primavera 2018.

En marzo estaremos cargados con sete actividades: Nabiza Girl, Presentación do libro "Lúns", Obradoiro para bebés, Manualidades, Obradoiro de xuventude de Videocreación,  Excursión a Ponferrada e de Semana Santa a Piscina/Bolera e cine.

En abril temos Saídas ao Balneario, Ruta de sendeirismo e Obradoiro de "Parentalidade positiva".

En maio actividades das Letras Galegas e Charla sobre dano cerebral adquirido.

Lun, 12/02/2018
ENTROIDO CONCELLO DE MESÍA 2018

Máis de 300 entroideirxs desfrutaron da Festa de Entroido 2018 do Concello de Mesía o 10 de febreiro.

Os nenos e maiores, que se achegaron ao Pavillón de Visantoña, viviron unha divertida tarde con obradoiros, inflables, desfile de disfraces, agasallos e gran merenda con chocolate e rosca.

Mér, 24/01/2018
CURSO EXAMES ESO MESIA 2018

O Concello de Mesía organiza, en colaboración co Concello de Frades, un curso preparatorio para a obtención do título de graduado en educación secundaria (ESO) dirixido a todas as persoas adultas maiores de 18 anos e que comezará a impartirse o 5 de febreiro do actual.

O curso  terá lugar os luns, os martes e os mércores, de 20.30 a 22.00 horas, no local social de Papucín (Frades), sito ao lado da Igrexa desta parroquia.

O prezo será de 25 €/mes no caso de preparar todos os ámbitos.

Páxinas