Noticias

Ven, 07/07/2017
RENOVACIÓN FACHADAS

O Concello de Mesía informa que a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia publicou, no Diario Oficial de Galicia (DOG) núm. 128, o 06.07.2017,  as convocatorias de axudas para a rehabilitación con granito das fachadas, para a renovación de fachadas e cubertas de lousa e para a renovación de cubertas con tella cerámica para o ano 2017.

Lun, 26/06/2017
MONITOR TEMPO LIBRE MESIA

Este verán realizarase unha nova edición do Curso de Monitor-a de Tempo Libre na Casa de Cultura de Xanceda. As persoas que se inscriban na Rede Mesía Xove poderán realizar o curso de balde! Aproveitade esta oportunidade!!!

Xov, 22/06/2017
DESEÑANDO O TEU FUTURO

A Mancomunidade de Ordes, en colaboración cos concellos da comarca, organiza "Deseñando o teu futuro", un programa da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado onde a xente xoven de 14 a 18 anos poderá ter un primeiro contacto coa realidade laboral na contorna e así adquirir coñecementos e habilidades que lle axude a completar o seu desenvolvemento persoal e futura formación.
Anímate a participar!

Xov, 22/06/2017
PISCINAS CONCELLO DE MESIA

Fanse publicas as NORMAS PARA O ACCESO as piscinas municipais do Concello de Mesía:

O 70 % do aforo da piscina estará reservado aos/ás empadroados/as e residentes en Mesía.

Mar, 13/06/2017
VERÁN MESÍA 2017

Presentamos o Boletín de actividades para o verán en movemento no Concello de Mesía. As inscricións faranse entregando a Folla de inscrición e o Xustificante de pago da actividade: dende o 15 de xuño na Casa da cultura ou por mail: casadacultura@concellodemesia.gal Non se admiten inscricións telefónicas.

Lun, 05/06/2017
ESCOLAS MUNICIPAIS CONCELLO MESÍA 2016-2017

Os participantes das escolas municipais CONCELLO DE MESÍA 2016-17 fixeron exhibicións das actividades o venres 2 de xuño na Festa de Clausura.

Mar, 30/05/2017
FIN CURSO MESIA 16 17

Máis de 300 persoas desfrutaron esta tempada 2016 - 2017 dos servizos deportivos e culturais municipais nas actividades e escolas de: xogos psicomotores, pequebaile, multideporte, patinaxe, aerobic, cachibol, ximnasias varias, pilates, patchwork, témpo fora, inglés e debuxo.

Lun, 29/05/2017

Convocatoria da contratación de dous/dúas socorristas para a realización do servizo de vixilancia e salvamento nas piscinas municipais do concello de Mesía.
 

O prazo de solicitude remata o xoves 18 de maio de 2017

Ven, 26/05/2017
CARTEL DEPUTACIÓN 2017

Aberto o prazo de inscrición no Concello para o Campamento deportivo de verán da Deputación, para rapaces/zas entre 9 e 14 anos; o prazo pecha o 16 de xuño. Haberá dúas prazas, que se sortearán entre todos os inscritos. Será do 19 ao 25 de agosto, todo incluido, por 85€.

Xov, 25/05/2017

Convocatoria da contratación temporal de tres peóns para formar a cuadrilla de obras e servizos mínimos municipais mediante contrato de obra ou servizo cunha duración de catro meses e vinte e un días, dentro do programa de integración laboral (PIL) da Deputación da Coruña.

O prazo de solicitude remata o venres 12 de maio de 2017.

Páxinas