Noticias

Lun, 20/02/2017
FESTA DE ENTROIDO MESIA 2017

O 25 de febreiro ás 16:00 temos unha cita no Polideportivo de Visantoña na Festa de Entroido CONCELLO DE MESÍA 2017, onde haberá todo tipo de entretementos: inflables, talleres, merenda e moito máis.

E recorda, se ves disfrado/a e participas no desfile, recibirás un agasallo! 

Sáb, 18/02/2017

O Concello de Mesía informa que a Deputación Provincial da Coruña, no marco do Plan de Emprego Local, ten previsto a impartición dos seguintes certificados de profesionalidade en Socorrismo Acuático:

AFDP0209 SOCORRISMO EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS_ 420 HORAS (340 formación teórica e 80 formación práctica)

Xov, 02/02/2017
PLAN RENOVE FIESTRAS 2017

Publicada a convocatoria da Xunta de Galicia para a concesión de subvencións relativas ao Plan Renove de Fiestras 2017.

Mér, 01/02/2017
DOA SANGUE MESIA 2017

O Xoves, 9 de febreiro estará unha unidade de doazón de sangue na Praza do Concello en Xanceda (10:00-14:00 h), e diante do Bar Quique en Mesía (16:00-21.00 h).

Ven, 20/01/2017
AXUDA A EMPRENDEDORES E EMPRESAS

O Concello de Mesía informa que a Deputación Provincial da Coruña publicou as bases reguladoras da convocatoria de:  axudas ao fomento da iniciativa empresarial entre os xóvenes emprendedores para a posta en marcha da súa idea de negocio (Liña 2. PEL-EMPRENDE); a do programa de incentivos á contratación para a creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas e medianas empresas e microempresas (Liña 3. PEL-PEMES).

Ven, 20/01/2017
RECOÑECEMENTO CUALIFICACIONS 2017

O Concello de Mesía informa que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia abriu o prazo para participar no procedemento de recoñecemento de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral en diversas unidades de competencia.

Mar, 17/01/2017
FITOSANITARIOS MESIA 2017

Este sábado comezou un novo Curso de Aplicador/Manipulador de Productos Fitosanitarios. Con esta edición, o total de persoas formadas na Casa da Cultura xa suma case o centenar de persoas.  O Carné de nivel básico de aplicador de Productos Fitosanitarios está regulado pola Orde 14 de abril de 2009, na que se recollen os casos nos que é necesario obtelo.

Lun, 16/01/2017
CONSERVAS MESIA 2017

A Casa da Cultura acolleu unha nova edición do Programa Ecobaúl, esta vez cun obradoiro de conservas. Nesta xornada as persoas participantes puideron aprender diferentes técnicas para preparar e conservar os alimentos como verduras, carnes e pescados.

Dom, 08/01/2017
CAMPAÑA ESQUI MESIA 2017

O Concello de Mesía dispón de 3 prazas para ir á ESTACIÓN INVERNAL DE LEITARIEGOS na "CAMPAÑA DE ESQUÍ 2017” da Deputación da Coruña, dende o 19 ó 24 de marzo 2017, por 95 €.

Ven, 06/01/2017
REIS MAGOS MESIA 2017

250 nen@s, acompañados por adultos, recibiron aos Reis Magos no Polideportivo de Visantoña cunha festa con inflables, talleres, futbolín xigante, agasallos, chocolatada e roscón de reis.

Páxinas