Hoxe, sábado 10 de outubro, tivo lugar na Casa da Cultura de Mesía, en Xanceda, un curso para a obtención do carné de manipulación de alimentos. A actividade desenvolveuse en horario de mañá, entre as 10:30 horas e as 13:30 horas, e contou coa participación dun total de 21 persoas.
Noticias
Sáb, 10/10/2015 |
|
|
Ven, 02/10/2015 |
O Concello de Mesía informa da convocatoria de axudas para a liquidez de explotacións agrarias de vacún de leite, con achegas para a moratoria dos préstamos vinculados coa mellora das instalacións e a incorporación de mocidade á actividade agraria. A interrupción das amortizacións e dos xuros é de dous anos. A convocatoria foi publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia. |
|
Ven, 02/10/2015 |
O Concello de Mesía informa da decisión da Xunta de permitir a tramitación de de persmisos para efectuar queimas agrícolas e forestais. A decisión tómase de acordo coa normativa de aplicación, debido á diminución do risco de incendios polo cambio nas condicións meteorolóxicas. Ata hoxe estiveron prohibidas estas queimas porque se mantiñan as condicións propias da campaña de perigo alto de incendios forestais. |
|
Xov, 01/10/2015 |
O Concello de Mesía acaba de convocar as axudas ao transporte de estudantes para o curso 2015-2016. A convocatoria foi publicada xa no Boletín Oficial da Provincia. As solicitudes poden presentarse desde ata o 31 de outubro. As subvencións contan cun orzamento total dispoñible de 5.400 euros. Cada unha delas poderá acadar un tope de 250 euros. Están dirixidas a estudantes que residan no municipio e cursen estudos de ensinanza secundaria ou formación profesional cun título homologado fóra dos límites do concello. Están excluídos os estudos superiores, como titulacións universitarias ou doutorados. |
|
Mar, 29/09/2015 |
O Concello de Mesía divulga o Real Decreto do Ministerio de Agricultura, publicado no Boletín Oficial do Estado de hoxe, polo que se establecen as normas reguladoras para a concesión directa de axudas 'de minimis' para compensar as dificultades económicas no sector leiteiro. O texto establece os 'umbrais de rendibilidade' sobre os que se determinarán as contías, que como moito serán de 300 euros por vaca e de 10.000 euros por explotación. Nos vindeiros días, o Ministerio publicará unha relación provisional de explotacións beneficiarias e abrirá un prazo de dez días para presentar alegacións, rexistrar os datos bancarios, presentar unha declaración responsable sobre outras posibles axudas e autorizar á administración a recabar diversa documentación. Acceda ao texto do Real Decreto facendo clic aquí. |
|
Xov, 17/09/2015 |
O Concello de Mesía abre desde hoxe, xoves 17 de setembro, o prazo para inscribirse nas actividades municipais para o curso 2015-2016. Estes días están chegando a todos os domicilios do municipio os boletíns coa programación completa para que a cidadanía poida consultar as opcións que máis lle interesan. A oferta é ampla e variada e ofrece alternativas para a infancia, a xuventude, a poboación adulta e a terceira idade. Pode consultar aquí a programación e descargar aquí a folla de inscrición. Non se admiten anotacións por teléfono. Máis información en 'ler máis'. |
|
Lun, 31/08/2015 |
O Concello de Mesía celebrou hoxe o remate das súas actividades municipais de verán cunha exitosa Festa da Auga. As actividades reuniron máis de 100 persoas, a maior parte nenos e nenas. Os principais entretementos foron os inchables e os xogos de auga, que remataron cunha festa da espuma. As actividades contaron cunha elevada participación. Nos vindeiros días, o Concello presentará a súa programación para o curso 2015-2016. |
|
Lun, 31/08/2015 |
Esta mañá xogáronse as finais do Torneo de Tenis Concello de Mesía 2015. Mateo Fernández venceu na categoría masculina, María Seoane na feminina e en dobles Alex-Manuel. Rematou así unha competición que se desenvolveu durante todo o mes de agosto e que este ano recuperou as tres categorías, cun total de 23 xogadores e xogadoras. Contou co patrocinio de Coca-Cola. Imaxes aquí. |
|
Mar, 18/08/2015 |
O programa de conciliación laboral e familiar 'Respira Mesía', programado polo Concello durante a primeira quincena de agosto, tivo vinte nenos e nenas participantes. Consistiu nun campamento de temática ambiental con actividades de reciclaxe, reutilización e xogos na natureza. Galería de fotos en 'ler máis'. |
|
Mér, 05/08/2015 |
O Concello de Mesía publica as normas e o cadro de competición do seu IX Torneo de Tenis. Este ano recupera as tres categorías (masculina, feminina e dobles), sumando un total de 23 xogadores: 11 na masculina, 4 na feminina e 8 en dobles. As distintas fases de xogo iranse disputando durante as vindeiras semanas no horario que máis se axeite ás posibilidades dos participantes. As finais está programadas para o sábado 29 de agosto, ás 9:30 horas a masculina, ás 10:30 horas a feminina e ás 12 horas a de dobles. Os gañadores recibirán un trofeo. Coca-Cola patrocina o Torneo, poñendo á disposición dos competidores bebidas en todos os partidos. Pode acceder ao documento das normas e do cadro de competición. |
|
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 55
- 56
- 57
- 58
- 59
- …
- seguinte ›
- última »