Noticias

Mér, 30/12/2015

O Concello de Mesía informa de que está aberto o prazo de solicitude de axudas para a rehabilitación de vivendas no Camiño de Santiago, das que no noso municipio pode beneficiarse a parroquia de San Lourenzo de Bruma. Os solicitantes das axudas, xestionadas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, poderán financiar con cargo a esta convocatoria ata o 35 % do orzamento subvencionable das obras de rehabilitación, cun límite máximo de axuda de 11.000 euros por vivenda.

Mar, 29/12/2015

O Concello de Mesía informa de que o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Orde da Consellería do Medio Rural pola que se convocan as axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios  para o período 2014-2020 cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) para o exercicio 2016.

Mar, 29/12/2015

O Concello de Mesía informa de que o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Orde da Consellería do Medio Rural pola que se convocan as axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para os agricultores mozos e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións correspondentes ao ano 2016. O orzamento total destas tres medidas ascende a 57,5 millóns de euros.

Lun, 28/12/2015

O Concello de Mesía informa de que o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde de axudas destinada a compensar os danos ocasionados por ataques de lobos ás reses gandeiras. Esta convocatoria está dotada cun total de 360.000 euros para toda Galicia.

Estas axudas están destinadas aos propietarios de gando vacún, ovino, cabrún, equino e porcino de Galicia, sempre e cando os danos procedan de ataques que non podían evitarse.

Dom, 27/12/2015

A oitava edición do Torneo Solidario de Fútbol Sala 'Mesía contra o cancro' recadou hoxe 2.945 euros a beneficio da Asociación Española Contra el Cáncer (AECC). Son achegas de veciños e veciñas, empresas, asociacións e deportistas de Mesía e da contorna. A responsable da AECC en Ordes, Emilia Vázquez, recibiu o diñeiro de mans do alcalde de Mesía, Mariano Iglesias.

O Concello de Mesía agradece a colaboración dos equipos participantes, da veciñanza e das asociacións e empresas que colaboraron para que esta oitava edición do evento solidario fose un éxito.

Mér, 23/12/2015

http://www.concellodemesia.es/sites/default/files/custom/servizos/noticias/comun/imaxes/23122015_cantoscontosnadal1.jpgO programa 'Nadal en Rede 2015', da Rede de Dinamización Lingüística, trouxo hoxe a Mesía a sesión de contancontos do artista Pablo Díaz 'Cantos contos no Nadal'. A esta actuación asistiron uns trinta nenos e nenas de entre dous e cinco anos, acompañados de familiares.

Ven, 18/12/2015

Cociña de NadalHoxe remataron as xornadas de cociña de Nadal ofrecidas polo Concello de Mesía na súa programación de Nadal.

Mar, 15/12/2015

O pleno do Concello de Mesía aprobou hoxe por unanimidade as actuacións que se incluirán no Plan de Obras e Servizos (POS) financiado pola Deputación para 2016 e no Plan de Acción Social (PAS) 2015, tamén impulsado pola entidade provincial. En total, empregarase para investimentos un importe de 433.900,88 euros e para financiamento de gastos correntes un importe de 95.733,94 euros. 

Mér, 09/12/2015
Poster dos torneos solidarios de Nadal

O Concello de Mesía convoca unha doble cita deportivo-solidaria para as vindeiras festas de Nadal, organizando o I Torneo Infantil de Fútbol Sala 'Mesía Solidaria' e o xa tradicional 'Mesía contra o cancro', que este ano chega á súa oitava edición.

Mar, 01/12/2015
Novas de Nadal

O Concello de Mesía presenta a súa programación para o Nadal 2015-2016.

Hai múltiples propostas pensadas para todos os sectores de idade, especialmente os máis novos.

As actividades pódense consultar no folleto de "Novas de Mesía " que estes días está chegando xa a todos os domicilios do municipio.

Páxinas