Noticias

Mér, 23/02/2022
CONCURSO "CÓNTANO ELAS" - CONCELLO DE MESÍA 2022

O Concello de Mesía, co motivo do Día Internacional da Muller, propón o concurso Cóntano ELAS, como un medio para visibilizar o papel da muller na historia da propia comunidade.

Ven, 18/02/2022
P.E Brancellao

Anuncio da Área de Industria e Enerxía da Delegación do Goberno en Galicia, pola que se somete a información pública o Estudo de Impacto Ambiental e a solicitude de Autorización Administrativa Previa do Parque Eólico Brancellao de 140MW e as súas infraestructuras eléctricas de evacuación na provincia de A Coruña. 

Mér, 16/02/2022
ENTROIDO  CONCELLO DE MESÍA  2022

Achegamos a nosa programación de Entroido.

VENRES 25 de febreiro  ENTROIDO NOS COLES

     O Concello levará actuacións ós coles: CPI Xanceda, unitaria de Olas e unitaria de Visantoña, e o PAI (Punto de atención a infancia) para que todos os nenos e as nenas poidan desfrutar con maxia contos e moitas risas.

SÁBADO 26 de febreiro FESTA DE ENTROIDO

     Dende ás 16:30 teremos FESTA DE ENTROIDO no Pavillón de Xanceda, contaremos con:

Ven, 14/01/2022
CAMPAMENTO XOECON NADAL 2021 CONCELLO DE MESÍA

Deixámosvos o ÁLBUM DE IMAXES colgadas no Facebook do campa: actividades, obradoiros e xogos que fixemos no Campamento de conciliación neste Nadal.

Máis de 20 nenos e nenas divertíronse nestas vacacións na Casa da cultura con esta actividade gratuíta subvencionada pola Secretaria Xeral da igualdade (Consellería de Emprego e Igualdade) e polo Concello de Mesía.

Ven, 31/12/2021
 PARADAS DO TREN DOS REIS CONCELLO DE MESIA 2022

O percorrido para ver os Reis Magos o 4 de xaneiro comezará as 11:00 en Lanzá e rematará as 18:00 en Hospital de Bruma tras percorrer todo o concello. Adxuntamos imaxe co horario de paso estimado por cada parada.

Agradecemos a responsabilidade para cumprir ca NORMATIVA NAS PARADAS:

Xov, 30/12/2021



Os veciños e veciñas de Mesía e Frades contarán en breve cun punto limpo móbil, que rotará polas parroquias para achegarse á veciñanza e darlles un servizo directo. Trátase dunha iniciativa subvencionada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), ao abeiro das axudas destinadas a entidades locais de Galicia para a financiación de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, e que conta co apoio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
 

O servizo estará a disposición de todos os veciños e veciñas de Mesía e Frades, que poderán depositar residuos como lámpadas fluorescentes, pequenos electrodomésticos ou pilas. Un servizo “porta a porta” que complementa ao punto limpo de Céltigos.

Máis información en "Ler máis".

Lun, 27/12/2021


O Concello de Mesía publica o acordo de concesión de axudas relativa á convocatoria das axudas para a adquisición de equipamentos informáticos para o alumnado durante o curso 2021/2022 e que ademais serve de notificación aos/ás beneficiarios/as conforme á base oitava da dita convocatoria.

Máis información en "Ler máis".

Lun, 20/12/2021
Parque eólico Solpor

Acordo do 10 de decembro de 2021 da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico (PIA)) do proxecto do parque eólico Solpor, nos concellos de Mesía e Ordes (A Coruña).

Exp. IN408A 2018/26.

Lun, 20/12/2021

O Concello de Mesía publica a lista provisional das solicitudes admitidas e excluídas relativa á convocatoria das axudas para a adquisición de equipamentos informáticos para o alumnado durante o curso 2021/2022, extracto publicado no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 204 do 26/10/2021. Ábrese un prazo de dous días hábiles, ata o 22/12/2021, para a presentación de alegacións que estimen oportunas.

Máis información en "Ler máis".

 

Lun, 06/12/2021
CARTEL CAMPAMENTO XOECON NADAL 2021 CONCELLO DE MESÍA

Características actividade:  Realizaranse as actividades propias do campamento como talleres culturais, bailes, cociña, xogos, etc. Precisan traer nunha mochila a merenda para media mañan asi coma botella de auga.

Datas:  días laborables do 22 decembro ao 7 de xaneiro.

Idades: nenos/as escolarizados/as de 3 ata os 12 anos.

Horario: 10:30 a 14:00 h. (Os/as participantes poderán entrar no campamento entre as 09:30 e as 10:30h. e contarán nese tempo con espazos supervisados polo monitorado para o xogo libre.)

Páxinas