BASES E CONVOCATORIA AXUDAS DO CONCELLO DE MESIA PARA A REACTIVACION ECONÓMICA E SOCIAL NO TERMO MUNICIPAL

Lun, 02/11/2020
PEL REACTIVA

O Concello de Mesía aprobou hoxe, 02/11/2020,  por Decreto de Alcaldía núm. 352/2020 as bases reguladoras das axudas do Concello de Mesía adherido ao Fondo de Financiamento da Deputación Provincial da Coruña para a reactivación económica e social da provincia da Coruña (PEL REACTIVA) coa finalidade de impulsar a actividade económica e o emprego no termo municipal e contribuír á paliar na medida do posible os danos derivados da pandemia da COVID-19 nas microempresas e autónomos/as.

A contía destinadas a atender as solicitudes das ditas axudas é de 36.682,54 €, sendo a achega da Deputación Provincial da Coruña de 29.346,03 € (80%) e a achega municipal de 7.336,51 € (20%).

O prazo de solicitude destas axudas iniciarase a partir do día seguinte ao de publicación no Boletín Oficial da Provincia da convocatoria específica de axudas do concello e finalizará ás 14.00 horas do día 25 de novembro de 2020 segundo a Resolución núm. 2020/32931 da Presidencia da Deputación de constitución definitiva do Fondo de Financiamento publicado no BOP núm. 181, do 28/10/2020.

As solicitudes presentaranse por vía telemática a través da sede electrónica do concello: https://sede.concellodemesia.gal utilizando o formulario normalizado de solicitude dispoñible na sede.

Máis información chamando ao concello ao 981 687 001.