BASES E CONVOCATORIA AXUDAS PARA TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2020-2021

Mar, 29/09/2020

O Concello de Mesía apoiará, de cara o curso escolar 2020-2021, aos estudantes que residan no concello e cursen estudos de bacharelato ou formación profesional con título homologado fóra dos límites do concello, co fin de facilitarlles o seu desprazamento diario. Exclúense os estudos superiores (universitarios, doutorados, ...).

A convocatoria de axudas para o transporte escolar durante o curso 2020-2021 foi publicado no Boletín Oficial da Provincia núm. 162, do 29 de setembro de 2020.

O prazo para presentar a solicitude da dita axuda comezará mañá, 30.09.2020, rematará o día 30.10.2020, inclusive.

Máis información chamando ao concello ao 981687001.