BASES E CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2021/2022

Xov, 30/09/2021

O Concello de Mesía aprobou hoxe, 30/09/2021,  por Decreto de Alcaldía núm. 356/2021 as bases reguladoras das axudas do Concello de Mesía para transporte escolar durante o curso 2021/2022 coa finalidade de facilitar o desprazamento diario aos estudantes que residan no concello e cursen estudos de bacharelato ou formación profesional con título homologado fóra dos límites do concello.

A contía para atender as solicitudes é de 5.400,00 € con cargo ao orzamento municipal correspondente ao ano 2021.

O prazo de solicitude destas axudas iniciarase a partir do día seguinte ao de publicación no Boletín Oficial da Provincia da convocatoria específica de axudas do concello e finalizará o día 29 de outubro de 2021.

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Mesía ou dalgunha outra forma establecida no artigo 164 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Máis información chamando ao concello ao 981687001.