BASES E CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2022/2023

Ven, 23/09/2022

O Concello de Mesía aprobou hoxe, 23/09/2022,  por Decreto de Alcaldía núm. 371/2022 as bases reguladoras das axudas do Concello de Mesía para transporte escolar durante o curso 2022/2023 coa finalidade de facilitar o desprazamento diario aos estudantes que residan no concello e cursen estudos de bacharelato ou formación profesional con título homologado fóra dos límites do concello. A contía  para atender as solicitudes é de 6.400,00 € con cargo ao orzamento municipal correspondente ao ano 2022.

prazo de solicitude destas axudas iniciarase a partir do día seguinte ao de publicación no Boletín Oficial da Provincia da convocatoria específica de axudas do concello e finalizará o día 28 de outubro de 2022.

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Mesía ou dalgunha outra forma establecida no artigo 164 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Máis información chamando ao concello ao 981687001.