BASES E CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA AS VERBENAS POPULARES NO CONCELLO DE MESIA ANO 2022
Lun, 07/11/2022
O Concello de Mesía aprobou hoxe, 07/11/2022, por Decreto de Alcaldía núm. 438/2022 as bases reguladoras das axudas para a contratación das orquestras durante este ano 2022 dirixidas ás comisións organizadoras das festas patronais e populares que por tradición se veñen celebrando en emprazamentos ao aire libre no termo municipal de Mesía.
O prazo de solicitude destas axudas iniciarase a partir do día seguinte ao de publicación no Boletín Oficial da Provincia da convocatoria específica de axudas do concello e finalizará o día 31 de decembro de 2022.
As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Mesía ou dalgunha outra forma establecida no artigo 164 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.
Máis información chamando ao concello ao 981687001.