BASES E CONVOCATORIA DE AXUDAS POR NACEMENTO DE FILLO/A, ADOPCIÓN E/OU ACOLLEMENTO DURANTE O ANO 2023

Mér, 19/04/2023

O Concello de Mesía aprobou o día 19/04/2023, por Decreto de Alcaldía núm. 137/2023, as bases reguladoras das axudas por nacemento de fillo/a, adopción e/ou acollemento durante o ano 2023 coa finalidade proporcionar apoio económico a aquelas familias na que se produza o nacemento, adopción ou acollemento dun novo membro da unidade familiar.

A dita convocatoria publicouse no BOP núm. 77, do 24/03/2023.

A axuda consistirá no pagamento único de 300,00 € por cada nacemento, adopción ou acollemento.


prazo de solicitude destas axudas iniciarase o 25/04/2023 e finalizará o 31 de decembro de 2023

As solicitudes presentaranse nas oficinas municipais, sen prexuízo do que dispón o artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

Máis información chamando ao concello ao 981687001.